Álvarez-Cascos declara arestora no xuízo do caso Gürtel. É o primeiro dos cinco ex-ministros de Aznar que terán que comparecer como testemuñas no proceso a petición de Luis Bárcenas. La Opinión está a ofrecer a retransmisión ao vivo.
Fálase
A Garda Civil investiga a saída de fondos de Ferroatlántica cara a unha filial suíza do grupo Villar Mir. O grupo empresarial xa admitiu que manexou facturas falsas nestas operacións, que acadan un total de case 7 millóns de euros entre varias compañías. Cóntao eldiario.es
Un incendio forestal queima unhas 20 hectáreas no Concello de Melón, na parroquia de Quins. Medio Rural non informa dos incendios inferiores a esa superficie se non se producen en zonas poboadas ou de risco. Ata abril arderan en Galicia unhas 3.000 hectáreas e o pasado ano, 21.000.
Este luns 19 de xuño terán lugar actos ante Concellos de toda España (en Galicia, A Coruña, Lugo, Santiago, Ames, O Grove e Vigo) para esixir un aumento de 120 millóns de euros na asignación orzamentaria destinada a igualdade e á loita contra a violencia machista
Unha avaría provoca cinco horas de atraso no Alvia Madrid-Ourense. O tren, que saiu ás 15 horas de Madrid, acabou chegado á cidade das Burgas ás doce da noite.
Trinta entidades animalistas maniféstanse en Vigo contra a Lei de Protección e Benestar Animal proposta pola Xunta. Preparan unha nova protesta para a vindeira fin de semana en Compostela
Portugal comeza a preguntarse pola causas do incendio que esta fin de semana matou 61 persoas. "O que é que falhou neste sábado? Tudo, tal como falha há décadas", destaca Público, que incide na ausencia dun dispositivo profesional de prevención, na necesidade dunha mellor xestión do monte e no perigo dos monocultivos forestais.
Margarita Robles será a portavoz do PSOE no Congreso, adianta El Diario. Pedro Sánchez podería impulsar candidaturas para restar poder nos seus territorios aos baróns Ximo Puig e Javier Lambán
Os alcaldes das mareas nas cidades celebran na festa de Compostela Aberta os seus primeiros dous anos de mandato. "Chegamos para quedar e non somos intrusos", resaltou Martiño Noriega no inicio dos actos xunto a Xulio Ferreiro e Jorge Suárez.
VÍDEO | Un dron da canle SIC percorre os espazos destruídos polo incendio de Pedrógão Grande e amosa a estrada na que quedaron atrapadas moitas das vítimas nos seus vehículos. O vídeo está dispoñible na súa web.