Juan Carlos Escotet releva a Javier Etcheverría na presidencia de Abanca. Comunicárono na xunta de accionistas celebrada esta mañá na Coruña. O Banco Etcheverría, con sede en Betanzos, fora comprado polo venezolano Banesco de Escotet antes de facerse cos restos das caixas galegas.
Fálase
Luis Bárcenas confirma no Congreso que non vai responder ningunha pregunta sobre o financiamento irregular do PP na comisión parlamentaria que o investiga. A sesión pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
O BNG denuncia que a Xunta deixou sen executar 16,5 millóns de euros en formación continua, transferidos polo Goberno central, durante o bienio 2015-2016
Este domingo partiu da Coruña o barco Open Arms, donado pola armadora Ibaizabal á ONG Proactiva Open Arms. Diríxese ao Mediterráneo central a traballar rescatando as persoas refuxidas que tentan chegar a Europa
30 colectivos animalistas manifestáronse este domingo en Compostela en protesta contra o anteproxecto de lei de benestar animal presentado pola Xunta, que consideran que mesmo supón un retroceso con respecto á actual normativa
O Rápido de Bouzas ascende a Segunda División B tras empatar en Peralada. A vindeira tempada serán sete os equipos galegos na categoría
O Goberno italiano rescatará a Banca Popolare di Vicenza e o Veneto Banca con 17.000 millóns de euros
Mantense activo o incendio que afecta ao parque natural de Doñana, onde máis de dúas mil persoas tiveron que ser evacuadas
A Xunta dá por controlado un novo incendio de máis de 20 hectáreas en Melón, na parroquia de Quins, onde o pasado luns un lume queimou outras 150 hectáreas. O Goberno galego prevé aprobar o plan de extinción deste ano o próximo xoves.
130 toneladas de lixo na Coruña e 20 en Panxón, Nigrán, o recollido nas dúas principais festas de San Xoán en praias. Na capital coruñesa foron case 60 toneladas menos que o ano pasado mentres a vila pontevedresa mantívose nas mesmas cifras. Os dous concellos impulsaron campañas de sensibilización para a recollida do lixo e respecto dos areais.