O Goberno central ten na súa man impedir a extradición do xornalista turco Hamza Yalçin. O Executivo de Erdogan acusa este escritor de ter vínculos terroristas e de ter escrito artigos críticos co presidente
Fálase
Dous incendios activos en Lalín e Maside queimaron xa unhas 60 hectáreas, segundo informou a Xunta. Fotografía de @BrifLaza
Convocados paros parciais en Alvedro e Lavacolla dos servizos de segurtdade privada a partir do 20 de agosto. UGT convoca as protestas contra a precariedade laboral.
A ARMH reclama no Congreso a ilegalización da Fundación Francisco Franco, quen xestiona as visitas ao Pazo de Meirás. A asociación pola memoria histórica únese ás iniciativas de diferentes administracións e entidades galegas.
Galicia mellor sen touradas lanza un vídeo para animar a participar na manifestación que este sábado terá lugar en Pontevedra en protesta contra a organización da feira taurina da cidade. Hai uns días falamos cun dos organizadores da marcha
Leiceaga rexeita a moción de censura presentada por un concelleiro socialista en Coristanco e denuncia o "mercadeo" co PP. Critica tamén que non se producira unha consulta á militancia
Continúa o cruce de declaracións e ameazas entre Corea do Norte e os Estados Unidos. A illa de Guam sería o obxectivo dun hipotético ataque de Pyongyang
Gas Natural impugna o concurso eléctrico de Madrid por premiar a enerxía libre de emisións. O concello lembra que este criterio xa foi utilizado pola Xunta de Castela e León
Rajoy asegura que o AVE chegará a Galicia "á maior celeridade posible" e destaca que "a orografía" galega "complica as cousas"
Sada convoca pleno extraordinario este sábado para reclamar a xestión do Pazo de Meirás. O Concello prevé un "acordo unánime" para devolver o inmoble ao público e vetar a Fundación Franco para a organización das visitas. Toda a información, esta tarde en Praza.gal.