A manifestación contra as touradas en Pontevedra, que se celebrará este sábado ás 20 horas, chega aos 119 apoios de entidades e colectivos sociais.
Fálase
A Coruña municipalizará 64 empregados das bibliotecas a través dunha empresa pública para evitar os atrancos do Goberno central ás municipalizacións directas.
A suba do prezo do gasóleo en Galicia triplica a media estatal desde o inicio do verán. O litro increméntase un 2,6% desde o inicio das vacacións fronte ao 0,9% no Estado.
O Goberno central ten na súa man impedir a extradición do xornalista turco Hamza Yalçin. O Executivo de Erdogan acusa este escritor de ter vínculos terroristas e de ter escrito artigos críticos co presidente
Dous incendios activos en Lalín e Maside queimaron xa unhas 60 hectáreas, segundo informou a Xunta. Fotografía de @BrifLaza
Convocados paros parciais en Alvedro e Lavacolla dos servizos de segurtdade privada a partir do 20 de agosto. UGT convoca as protestas contra a precariedade laboral.
A ARMH reclama no Congreso a ilegalización da Fundación Francisco Franco, quen xestiona as visitas ao Pazo de Meirás. A asociación pola memoria histórica únese ás iniciativas de diferentes administracións e entidades galegas.
Galicia mellor sen touradas lanza un vídeo para animar a participar na manifestación que este sábado terá lugar en Pontevedra en protesta contra a organización da feira taurina da cidade. Hai uns días falamos cun dos organizadores da marcha
Leiceaga rexeita a moción de censura presentada por un concelleiro socialista en Coristanco e denuncia o "mercadeo" co PP. Critica tamén que non se producira unha consulta á militancia
Continúa o cruce de declaracións e ameazas entre Corea do Norte e os Estados Unidos. A illa de Guam sería o obxectivo dun hipotético ataque de Pyongyang