A Fiscalía ordena a Mossos, Garda Civil e Policía que requise urnas e impida o referendo. O Tribunal Constitucional suspende a lei de transitoriedade catalá. Deixa o Govern sen leis que apoien a desconexión.
Fálase
A Fiscalía cita a Trapero, major dos Mossos d’Esquadra, para impedir o 1-O. Convoca tamén os máximos responsables da Garda Civil e da Policía Nacional en Catalunya.
A Xunta acata as sentenzas por anular a poxa eólica do bipartito e paga 3 millóns. A Consellería de Economía evita seguir pelexando no Supremo e pide unha modificación dos orzamentos para abonar as indemnizacións a seis empresas. Cóntao Faro de Vigo.
Arrinca a manifestación pola #Diada en Barcelona. O centro da capital catalá acolle unha multitudinaria marcha.
O BNG participa na ofrenda floral da #Diada a Rafael Casanova. O Bloque, En Marea, Anova ou CIG conforman a representación galega neste 11 de Setembro.
Catalunya celebra hoxe a súa Diada, co referendo do 1 de outubro no horizonte
Feijóo asegura nunha entrevista en Faro de Vigo que en 2018 aprobará o plan de protección das Illas Atlánticas tras a polémica pola afluencia masiva de turistas. Estes xoves e venres el mesmo e a Xunta volveron salientar novos récords numéricos de turistas en xeral en Galicia e noutro espazo protexido, desta volta a praia das Catedrais.
Barcelona non cederá os seus locais para o referendum do 1 de outubro. O goberno local amosa a súa disposición para que a xente “poida manifestarse” pero se non hai “risco para traballadores e institución”.
A Garda Civil entra nunha imprenta de Tarragona á procura de documentos impresos que poidan ser utilizados no referendo de autodeterminación convocado pola Generalitat para o 1 de outubro. Está a contalo TV3
O PPdeG anuncia a edición "do seu propio xornal, en papel" nas cidades galegas para "desenmascarar" os "gobernos populistas, dos socialistas e dos nacionalistas" e "reivindicar" a "seriedade" do concello urbano que gobernan, o de Ourense.