O PSdeG denuncia que os trens AVE que cheguen da Meseta non poderán pasar da estación de Ourense. Os socialistas salientan que os planos da remodelación da estación evidencian que as vías de ancho internacional polas que circula a alta velocidade rematan alí e só os trens con ancho ibérico poderán continuar cara o resto de Galicia.
Fálase
A Fiscalía ameaza con deter os alcaldes que non colaboren para frear o referendo. Ordena interrogar os 712 rexedores dispostos a facilitar a consulta e detelos se non comparecen. A CUP xa anuncia que os seus alcaldes non acudirán a declarar.
A xustiza confirma a obriga de demoler o edificio Conde de Fenosa, na Coruña, adianta Radio Coruña-Cadena Ser. A sentenza do Tribunal Supremo impón devolver o inmoble ao seu estado anterior ás obras realizadas en 1997, baixo o Goberno de Francisco Vázquez e cun ditame xudicial previo na súa contra.
O PSOE denuncia que Baltar gastou 42.000 euros en pulseiras, pins e toallas. Acusa a Deputación de Ourense de dar contratos a un mesmo empresario para facer propaganda da marca Ourensanía.
O número dous de ERC negocia con Ada Colau como abrir os colexios en Barcelona o 1-O. O Concello quere que a Generalitat ceda os seus propios locais, xa que son a maioría dos colexios que se usan nas eleccións. A intervención da autonomía, principal opción do Goberno central para frear o referendo.
Falece Xohana Torres, unha das voces máis importantes da literatura galega contemporánea da posguerra, cuxa obra abrangue a poesía, a narrativa, o ensaio e a literatura infantil.
Un xuíz suspende o acto a favor do dereito a decidir previsto para este domingo en Madrid. O PP presentara un recurso contra este evento e o maxistrado argumenta que o encontro ía promover un referendo declarado ilegal polo Tribunal Constitucional
A Fiscalía ordena a Mossos, Garda Civil e Policía que requise urnas e impida o referendo. O Tribunal Constitucional suspende a lei de transitoriedade catalá. Deixa o Govern sen leis que apoien a desconexión.
A Fiscalía cita a Trapero, major dos Mossos d’Esquadra, para impedir o 1-O. Convoca tamén os máximos responsables da Garda Civil e da Policía Nacional en Catalunya.
A Xunta acata as sentenzas por anular a poxa eólica do bipartito e paga 3 millóns. A Consellería de Economía evita seguir pelexando no Supremo e pide unha modificación dos orzamentos para abonar as indemnizacións a seis empresas. Cóntao Faro de Vigo.