As detencións multiplican as protestas en toda Cataluña. 40 mil persoas concéntranse na Rambla e a Gran Vía de Barcelona. Os Mossos cargan para desfacer a protesta ante a sede da conselleria de Economía
Fálase
O Congreso volverá debater o xoves 28, agora co apoio do PSOE, a creación da comisión de investigación de Angrois que piden as vítimas, adianta Europa Press na súa web. Este mércores os afectados lamentaron os obstáculos que segue a pór o PP e criticaron o seu “medo á política”.
A compañia granadina Etcétera, premio Galicreques 2017. O Festival Galicreques celebrarase entre o 14 e o 22 de outubro, convertendo Compostela un ano máis en referente para o xénero escénico dos títeres
O BNG denuncia ante a ONU en Xenebra a situación do Pazo de Meirás e pide a devolución do inmoble e a ilegalización da Fundación Francisco Franco. Máis información, esta tarde en Praza.gal.
O Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) acollerá na súa inauguración a preestrea de Trinta lumes, de Diana Toucedo, longametraxe filmada no Courel. O público do festival tamén poderá ver en exclusiva as primeiras imaxes de Aquilo que arde, o novo filme de Oliver Laxe
REAS lanza un crowdfunding para a publicación -en papel e web- dun directorio da economía alternativa e solidaria en Galicia, baixo o título de #economíasREAiS, co obxectivo de "dar pulo a este movemento e ás numerosas iniciativas que xa son unha realidade ou que aínda non son máis ca unha idea pendente de concretar".
O proxecto galego sobre biopsia líquida comezará a reclutar pacientes en 2 meses. Os cartos recadados na campaña de crowdfunding de hai uns meses permitíronlle ao equipo de Oncomet adquirir maquinaria especial e contratar un investigador
A Garda Civil requisa 45.000 sobres con notificacións a membros de mesas electorais do 1-O. O secretario xudicial accede á oficina de Unipost tras atravesar decenas de persoas que permanecían na entrada da empresa para impedir a entrada da comitiva
ERC, PDeCAT e CUP poderían perder a maioría absoluta no Parlamento catalán, de haber eleccións. ERC seria a forza máis votada, dobrando a PDeCAT, que obtería menos votos que Ciudadanos ou PSC
Un forte terremoto causa 248 mortes e grandes danos en México. O tremor, de magnitude 7,1 graos, provocou grandes estragos en México DF, Puebla e Morelos