A Deputación de Zaragoza prohibe a asemblea de cargos electos pro-referendo. A institución que ía acoller o acto, dependente do PSOE, considera que o obxectivo era facer "un cumio a prol da consulta".
Fálase
A Comisaria de Transporte da UE pon data, o 26 de xaneiro, ao informe que pediu sobre o cumprimento por España da normativa ferroviaria europea. Violeta Bulc xa anunciara en xullo que pedira esa análise á Axencia Ferroviaria Europea, moi crítica con Fomento, e agora o Parlamento Europeo comunícalles os prazos ás vítimas de Angrois.
91 deputados do Congreso esixen a liberdade inmediata dos detidos na operación da Garda Civil en Catalunya. Os portavoces de Unidos Podemos-En Comú-En Marea, ERC, dPNV, del PDeCAT, Comrpomís e Bildu amosaron o seu rexeitamento aos rexistros.
O PSOE de Aragón manobra para impedir a asemblea pro-referendo pactado convocada por Unidos Podemos.
Adif anuncia o remate do segundo túnel máis longo do AVE galego, que debía estar finalizado hai dous anos. A vía dereita do túnel do Espiño, duns 8 quilómetros entre A Gudiña e Vilariño de Conso, foi adxudicada no verán de 2012 con tres anos de prazo de execución. A demora é o dobre do suposto ano de “parálise” das obras polo Goberno en funcións.
O canteiro de Sebil, documental sobre Xohán Xesús González realizado polo Quinteiro do Umia, estrearase o 12 de outubro en Cuntis. Xa se pode ver o seu trailer
Membros da subcomisión que analizaba os tratamentos contra a Hepatite C e que declararon este mércores ante o xuíz recoñecen que nalgunha xuntanza "falouse do prezo", aínda que seguen negando que existiran "criterios económicos". A Plataforma Galega de afectados sinala que “máis que limitarse a avaliar se se cumprían os criterios marcados, demostraron dispoñer de bastante autonomía para interpretalos e mesmo restrinxilos".
Persoal do Hospital da Coruña denuncian que 100 camas seguen pechadas, trala prevista inactividade do verán. Sinalan que hai pacientes con cancro "dispersados polos distintos andares" do centro
A Fiscalía da Audiencia Nacional investigará o cartel de Fe de etarras de Netflix. Unha asociación de gardias civís presentou unha denuncia por "humillación ás vítimas"