Human Rights Watch critica a actuación policial do 1-O en Cataluña. A entidade de dereitos humanos sinala que se "usou de maneira excesiva a forza contra manifestantes" e "utilizando porras para golpear persoas que se resistían pasivamente e causando múltiples feridas"
Fálase
Hoxe comeza na Coruña a terceira edición do encontro Municipalismo, Autogoberno e Contrapoder (MAC), que ata o domingo reunirá máis de 400 activistas, representantes de movementos sociais e candidaturas municipalistas. Podes consultar aquí o seu programa
Unipost, con case 150 empregados en Galicia, presenta un ERE para todo o cadro de persoal (2.200 en toda España)
A Fiscalía de Portugal acusa de 31 delitos de corrupción ao ex primer ministro José Sócrates, que tería apañado 34 millóns de euros de procedencia ilícita, dos que 24 millóns foron depositados en contas suízas.
O acordo de Puertos e Xunta garante que serán públicos menos do 20% dos terreos dos peiraos da Coruña. Batería, Calvo Sotelo e a Solana suman 89.220 metros cadrados, fronte aos 377.057 de San Diego, aínda abertos á venda
O PSOE aposta por aplicar o artigo 155 para convocar eleccións en Cataluña
O PP de Pontevedra propón trasladar un petróglifo para construír un campo de fútbol. Os populares pídeno nunha moción que presentarán ante o Pleno do Concello, conta Pontevedra Viva.
As primeiras chuvias do outono chegarán a Galicia cos restos do furacán Ophelia. Explícao 4gotas.com
PP e Somos Fene presentan unha moción de censura en Fene contra o alcalde do BNG. EU xa amosou o seu "total rexeitamento" á medida.
ÚLTIMA HORA | Rajoy anuncia o envío dun requirimento a Puigdemont para que "confirme" se declarou a independencia de Catalunya. Este é o primeiro paso que sería necesario para aplicar o artigo 155 da Constitución.