O Consejo de Transparencia obriga a Renfe a informar á CGT dos soldos dos seus directivos e persoal non suxeito a convenio, que o sindicato cuantifica en 900 dos 14.000 traballadores da empresa pública.
Fálase
ÚLTIMA HORA | O xuíz Llarena retira as ordes europeas de detención contra Puigdemont e os consellers que están en Bruxelas
O Tribunal Supremo rexeita o recurso presentado por Lactalis contra a multa de 11,7 millóns de euros imposta por Competencia por pactar prezos e reparto do mercado con outras grandes marcas de produtos lácteos
18 colectivos levan ao Parlamento europeo, da man de Lidia Senra e de AGEe, a problemática da eucaliptización en Galicia. Este mércores e xoves reuniranse con eurodeputados/as e con representantes da Comisión, facendo fincapé na defensa do patrimonio natural e cultural galego
Pontevedra despide a Manolo Moldes con dous actos sinxelos, no cemiterio de San Mauro e no Teatro Principal, e envolto nunha obra colectiva realizada polos seus alumnos e alumnas de Belas Artes
Policías en Honduras néganse a reprimir as protestas que desafían o toque de queda decretado polo Goberno na crise polo reconto electoral. A oposición segue denunciando a fraude e esixe a contabilización das actas que foron descartadas
Mário Centeno, ministro das Finanças de Portugal no goberno do socialista António Costa, elixido novo presidente do Eurogrupo, cargo ao que tamén aspirou sen éxito en varias ocasións o español Luis de Guindos.
Xunta, Principado e Junta de Castilla y León asinan unha declaración institucional contra os incendios e en favor dun novo modelo de financiamento autonómico e de políticas de dinamización demográfica. Ao tempo que se dilúe a tradicional relación co Norte de Portugal a través da Eurorrexión, hai un mes Feijóo xa asinou outra declaración similar coa Junta e a Comunidad de Madrid que a presidenta madrileña, Cristina Cifuentes, xustificou loubando a unidade de España.
O PP aproba en solitario a agora moi modificada iniciativa lexislativa contra a pobreza enerxética impulsada en 2015 pola CIG. A lei céntrase agora na eficiencia enerxética. Membros do sindicato asistiron ao Pleno da Cámara e protestaron ás súas portas polos cambios.
O CIS prevé que os partidos independentistas cataláns perderían a maioría absoluta nas eleccións do 21D, ficando a un escano dos 68. Ciudadanos sería a forza máis votada, rexistrando un grande ascenso, o mesmo que o PSC. O bloque unionista igualaría en votos ao independentista nunha enquisa que recolle que máis do 85% dos electores afirman que acudirán a votar.