Feijóo acusa a Caballero de “xogar coa saúde” dos vigueses por non tomar antes medidas contra a seca. Critica que gastase “millóns” obtidos polas taxas da auga en obras de humanización e non en mellorar a planta de potabilización da cidade. Caballero di que a cidade cede o 25% da auga a outros concellos da área.
Fálase
O DOG publica os festivos locais de toda Galicia para 2018. Entroido, San Roque ou San Martiño, algunhas das máis elixidas para engadir aos festivos de carácter estatal ou autonómico, un dos cales haberá que “recuperar” traballando máis outros días.
Milleiros de persoas ateigan as rúas do centro de Bruxelas para a manifestación independentista de hoxe, que invoca a UE e pide a liberdade dos "presos políticos"
Junts per Catalunya alcanza a ERC e o PSC a Ciudadanos, segundo unha enquisa para El Periódico. O soberanismo podería repetir maioría absoluta malia perder escanos.
Adif revela que fichou como conselleiro o novo presidente da oficina anticorrupción do PP. O ex-deputado Andrés Ayala suma desde febreiro unha cadeira no consello da empresa estatal á súa actividade como administrador de bingos, avogado e presidente da Oficina do Cargo Popular. Ayala foi voceiro do PP, daquela con maioría absoluta, na comisión de mellora do sistema ferroviario creada tras Angrois que en 2015 concluíu reclamando máis seguridade pero barata.
O BNG di "non esperar nada" dunha reforma da Constitución "impulsada polo tridente do artigo 155". A formación nacionalista esixe un "novo status de nación para Galiza" e "superar un marco que non dá solucións ao país" nun acto co gallo da conmemoración da Carta Magna.
Donald Trump recoñece Xerusalén en vez de Tel Aviv como capital de Israel e converte os Estados Unidos no único país do mundo que o fai, en contra da postura da ONU, contraria á ocupación de territorios palestinos.
Feijóo critica o Barça por “mesturar o deporte coa política” porque é de “réximes non democráticos”, en declaracións a Atresmedia durante as celebracións do aniversario da Constitución. Son numerosas as veces en que dirixentes do PP galego mesturaron deporte e política, como o actual presidente da Federación Galega de Fútbol, o ex-presidente pontevedrés Rafael Louzán.
Xulio Ferreiro amosa a súa disposición a repetir como candidato da Marea Atlántica nas municipais de 2019. O alcalde da Coruña dío nunha entrevista na Cadena Ser e divúlgao na súa propia conta de Twitter. "Non hai alternativa ao goberno da Marea na Coruña", dicía hai uns meses nunha entrevista con Praza.gal.
A Audiencia Nacional condena aos doce membros do grupo de rap La Insurgencia, varios deles de orixe galega, por enxalzar os GRAPO. Ningún ten antecedentes pero a pena de dous anos e un día para cada un deles supón que poderían ingresar en prisión. Unha maxistrada do tribunal discrepa da condena: “Son críos chamando a atención”.