O PP, condenado como partícipe a título lucrativo pola trama Gürtel. Luis Bárcenas, condenado a máis de 30 anos de cadea; Pablo Crespo, a máis de 37; e Correa, a 54. Consulta aquí toda a información
Fálase
Irlanda vota este venres suavizar a lei que prohíbe o aborto e que obrigou nos últimos 35 anos a 180.000 irlandesas a viaxar ao Reino Unido a interromper os seus embarazos. As últimas sondaxes amosan unha clara vantaxe do si á despenalización
Unha xuíza prohíbe a Donald Trump bloquear xente en Twitter. A Xustiza considera que a súa conta se converteu nun "foro público" e polo tanto non pode impedir o acceso a unha persoa. O presidente estadounidense reaccionou queixándose a través desta rede social de ser obxecto dunha "caza de bruxas".
O rapeiro Valtonyc marcha a Bélxica para evitar a súa entrada en prisión, segundo informa a TV3.
En liberdade condicional os directivos de Banesco, grupo propietario de Abanca, que foran detidos en Venezuela. O fiscal xeral do país, Tarek Saab, anunciou a excarceración das persoas detidas o pasado 3 de maio.
Cando menos unha persoa falecida e varias feridas no estoupido dunha pirotecnia en Tui. Os equipos de emerxencia están a actuar no lugar, segundo informa Faro de Vigo. Bombeiros dos parques de Vilagarcía, O Porriño e O Morrazo traballan no incendio provocado pola explosión. Segue aquí a información do acontecido
O PNV votará a prol dos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 no pleno que se está a celebrar no Congreso. A formación vasca vén de anuncialo nun comunicado no que di considerar a decisión como "a forma máis eficaz de contribuír ao levantamento do artigo 155 en Catalunya", o cal ven "inminente".
Netflix anuncia que o filme sobre Marcela e Elisa estrearase "proximamente". A súa directora, Isabel Coixet, explica nun vídeo a historia das dúas mulleres que formaron o primeiro matrimonio homosexual no Estado.
A Fiscalía de Pontevedra abre dilixencias civís "polo deficiente funcionamento da AP-9" na Ponte de Rande. O Ministerio Público vén de anuncialo. Máis información, hoxe en Praza.gal
A policía local da Coruña entrou esta noite na Comandancia de Obras para desaloxar o centro okupa A Insumisa. Ninguén estaba no interior e os seus inquilinos, cuxas pertenzas aínda están dentro, comezaron a chegar esta mañá ao inmoble. Máis información, hoxe en Praza.