A A-8 volve pechar por néboa en Mondoñedo nunha xornada na que Ana Pastor, que a abriu hai catro anos como ministra de Fomento, inaugurou unha rúa na vila como presidenta do Congreso
Fálase
A xuíza deixa en liberdade, con cargos por homicidio imprudente, o propietario da pirotecnia detido pola explosión de Tui que causou dúas mortes e unha trintena de feridos.
A batalla descoñecida, de Paula Cons, estréase este venres na sala Numax, en Santiago. Hai uns meses falamos coa directora: “Para a poboación en xeral, a venda de volframio aos nazis na posguerra só valeu para prolongar a fame”.
O PSOE rexistra no Congreso a moción de censura contra Rajoy como resposta ás condenas polo caso Gürtel. Consulta aquí toda a información
Un xulgado suspende a consulta veciñal do Concello de Cangas sobre os festivos locais a petición do Goberno de España. Recólleo Faro de Vigo
O PSOE estuda unha moción de censura contra Rajoy como resposta pola sentenza do caso Gürtel. Informan Gonzalo Cortizo e Marta Barandela para eldiario.es
A xuíza envía á cadea sen fianza a Eduardo Zaplana. O ex-ministro de Aznar e ex-presidente valenciano pasou hoxe a disposición xudicial tras ser detido o martes investigado por branqueo de capitais.
Elías Ledo, un mozo de Santiago de 29 anos con síndrome de Down, vén de obter a primeira praza para traballadores con discapacidade intelectual do Parlamento de Galicia, no que será uxier. Segundo Down Compostela, Ledo comezou a preparar oposicións en 2012 e en setembro de 2017 centrouse nesta convocatoria, á que se presentaron máis de 200 persoas e cuxa resolución publicou este mércores o Boletín Oficial do Parlamento.
O PP, condenado como partícipe a título lucrativo pola trama Gürtel. Luis Bárcenas, condenado a máis de 30 anos de cadea; Pablo Crespo, a máis de 37; e Correa, a 54. Consulta aquí toda a información
Irlanda vota este venres suavizar a lei que prohíbe o aborto e que obrigou nos últimos 35 anos a 180.000 irlandesas a viaxar ao Reino Unido a interromper os seus embarazos. As últimas sondaxes amosan unha clara vantaxe do si á despenalización