O xornal deportivo portugués A Bola dedicoulle este mércores na súa edición impresa unha reportaxe de cinco páxinas ao Super Depor, con entrevistas de Pedro Cadima a Lendoiro, Fran e Donato, baixo o titular "Viagem ao grande Depor, depoimentos dos rostos que fizeram crescer um gigante na Galiza"
Fálase
As inscricións nas oficinas de emprego descenderon en 6.653 durante o mes de xullo en Galicia, ata as 163.412. Son 18.459 menos que hai un ano. No mesmo mes a afiliación á Seguridade Social subiu en 15.046 persoas de media, 24.947 máis que doce meses antes, o que permite manter o nivel por riba do millón de cotizantes, recuperado o mes anterior tras sete anos.
Facenda e a Seguridade Social permitiron á tecnolóxica Indra redactar condicións de concursos públicos que "manipulou" xunto a outras empresas, segundo se desprende da multa de Competencia a esta e outras compañías. Indra vén de instalarse na Cidade da Cultura tras un acordo coa Xunta.
Detido un dos membros de La Manada, Ángel Boza, por "substraer uns lentes nun centro comercial, acometer contra dous vixiantes co coche e circular co permiso de conducir suspendido". Está a contalo eldiario.es
O secretario de organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, novo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. O ata agora deputado terá que deixar o seu escano no Parlamento galego para asumir o nomeamento, anunciado hoxe polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. A seguinte integrante da candidatura socialista por Lugo foi Patricia Otero, actualmente segunda tenente de Alcaldía no Concello de Burela.
Arde no Porriño a planta de tratamento de residuos metálicos Alumisel, no polígono da Granxa. Efectivos dos parques de bombeiros da contorna e tamén chegados dende Valença están a traballar na zona. O 112 non ten constancia polo momento de danos persoais e pide deixar libres as vías de acceso á zona (Imaxe: Deputación de Pontevedra)
Pablo Casado ponse a estreitar mans de persoas migrantes en Algeciras poucos días despois de alertar da suposta chegada de "millóns de persoas" e ao tempo advirte contra o "populismo" e a "demagoxia" en asuntos migratorios porque "o noso sistema de benestar non o aguanta todo"
Un novo vídeo do BDRI amosa a balea azul avistada en Fisterra nadando e alimentándose de krill "nestas ricas augas". O instituto internacional con sede no Grove destaca que se trata dunha gravación "abraiante e pouco común", que permite coñecer un pouco máis da "misteriosa vida" deste animal
O pleno da Deputación de Lugo pide á Xunta que declare a avespa velutina como praga. No último ano o 112 recibiu case 25.000 avisos pola presenza de velutinas.
O incremento das temperaturas dispara este mércores o risco de incendio ata alto, moi alto ou extremo en comarcas do interior. Para este xoves prevese que o risco se incremente na práctica totalidade de Galicia.