Ciudadanos teima en que vai "combater" para que "o castelán en Galicia non desapareza da escola". Afírmao o secretario xeral do partido, José Manuel Villegas, nunha entrevista no Faro de Vigo
Fálase
Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville recibiron este sábado en Vigo os Premios Xerais 2018 por Besta do seu sangue, Aplicación instantánea, e Kusuma. Nesta ligazón, vídeo íntegro do acto literario da entrega de premios, celebrada no Museo do Mar.
Ducias de miles de persoas maniféstanse en Londres para esiren que o acordo final sobre o Brexit sexa sometido a referendo e, en caso de resultado negativo, o Reino Unido fique na UE. A mobilización organizouna a plataforma People's Vote.
Meteogalicia advirte dunha suba de temperaturas atípica para este mes de outono durante a vindeira semana, tras a que "aumentan as probabilidades de sufrir un descenso brusco" contra a derradeira semana de outubro.
En marcha a manifestación contra o peche de Alcoa na Coruña, que secundan milleiros de persoas co apoio dos principais sindicatos, forzas políticas e institucións. Velaquí a información sobre o máis destacado da mobilización.
Arabia Saudita xa admite que o xornalista Jamal Khashoggi foi asasinado no seu consulado en Istambul. O presunto líder da trama para asasinar a Khashoggi acompañou o príncipe saudita na súa visita a España o pasado abril. (Imaxe: NTF)
Oriol Junqueras traslada a Pablo Iglesias no cárcere de Lledoners o "non" de ERC aos Orzamentos do Estado se non hai "xestos " do Goberno de Sánchez cara aos presos. Información de Arturo Puente en eldiario.es. Na imaxe (TV3), o líder de Podemos tras a xuntanza co presidente de Esquerra na prisión.
A gañadora do sorteo dunha fin de semana en Santa Maria da Feira organizado por Praza Pública e o Eixo Atlántico foi Laura M. Taibo. Parabéns!
Unha concentración da CIG no treito do AVE no que morreu un obreiro hai dez días, o noveno desde o inicio das obras, reclama máis seguridade e mellores condicións laborais. O sindicato vén de divulgar unha sentenza que constata xornadas laborais de doce horas diarias seis días á semana.
O Tribunal Supremo recúa e deixa no aire se serán os bancos ou os clientes os que paguen o imposto das hipotecas. O alto tribunal deixa en mans do Pleno da Sala decidir se "dito xiro xurisprudencial debe ser ou non confirmado".