PP e Ciudadanos aparcan a esixencia de que goberne a "lista máis votada" ante a posibilidade de pactaren en Andalucía. Cóntao eldiario.es
Fálase
Alemaña suspende a venda de armas a Arabia Saudita ata que non se esclareza o asasinato do xornalista Jamal Khashoggi no consulado deste país en Istambul.
Este luns comeza en Galicia a campaña de vacinación contra a gripe, que se estende ata o 29 de decembro. Ofrécese "a todas as persoas con maior risco de padecemento da enfermidade e as súas complicacións", como maiores de 60 anos ou persoas con outras. Ao inicio da campaña desta volta chegan coa vacina xa posta 2.051 profesionais do Sergas. Na última campaña da gripe rexistráronse 223 falecementos ligados á doenza.
Ciudadanos teima en que vai "combater" para que "o castelán en Galicia non desapareza da escola". Afírmao o secretario xeral do partido, José Manuel Villegas, nunha entrevista no Faro de Vigo
Emma Pedreira, Carlos Negro e Héctor Cajaraville recibiron este sábado en Vigo os Premios Xerais 2018 por Besta do seu sangue, Aplicación instantánea, e Kusuma. Nesta ligazón, vídeo íntegro do acto literario da entrega de premios, celebrada no Museo do Mar.
Ducias de miles de persoas maniféstanse en Londres para esiren que o acordo final sobre o Brexit sexa sometido a referendo e, en caso de resultado negativo, o Reino Unido fique na UE. A mobilización organizouna a plataforma People's Vote.
Meteogalicia advirte dunha suba de temperaturas atípica para este mes de outono durante a vindeira semana, tras a que "aumentan as probabilidades de sufrir un descenso brusco" contra a derradeira semana de outubro.
En marcha a manifestación contra o peche de Alcoa na Coruña, que secundan milleiros de persoas co apoio dos principais sindicatos, forzas políticas e institucións. Velaquí a información sobre o máis destacado da mobilización.
Arabia Saudita xa admite que o xornalista Jamal Khashoggi foi asasinado no seu consulado en Istambul. O presunto líder da trama para asasinar a Khashoggi acompañou o príncipe saudita na súa visita a España o pasado abril. (Imaxe: NTF)
Oriol Junqueras traslada a Pablo Iglesias no cárcere de Lledoners o "non" de ERC aos Orzamentos do Estado se non hai "xestos " do Goberno de Sánchez cara aos presos. Información de Arturo Puente en eldiario.es. Na imaxe (TV3), o líder de Podemos tras a xuntanza co presidente de Esquerra na prisión.