Continúan os peches contra os recortes universitarios, desta volta na Facultade de Historia da USC. Tamén se mantén outro peche na biblioteca intercentros do campus de Lugo.
Fálase
A Voz de Vilalba amosa unha galería fotográfica da recente estancia de Manu Chao na vila chairega.
A UE pode multar con 3.000 millóns de euros a España se non cumpre co déficit e non reduce o paro. Cóntao La Información.
Wert retira de Educación para a Cidadanía a alusión aos "nacionalismos excluíntes" pero mantén varios aspectos polémicos tras a Conferencia Sectorial de Educación. O consellerio Jesús Vázquez celebrou "o paso" do Goberno central ao modificar a materia.
A CNMV suspende a cotización de Bankia. En El País.
Anúnciase a convocatoria dun "acto nacional de concelleiros e concelleiras" para mañá sábado no que participarán, entre outros, Pilar Candocia (Ames), Jéssica Fernández (As Pontes), Mónica Peralba (Mondariz) e o alcalde de Teo, Martiño Noriega.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a atribución de maneira interina das funcións de Valedor do Pobo a José Julio Fernández, ata agora Vicevaledor
O Ministerio de Educación ratificou onte a súa intención de endurecer os requisitos para acceder ás bolsas universitarias para o alumnado con menos recursos. Como detallou Praza, esta medida foi anunciada polo Estado á UE no seu Plan de Reformas.
Só ABC e La Razón se desmarcan do resto de diarios impresos de hoxe e destacan nas súas primeiras páxinas o peñón de Xibraltar
A intención do Goberno central de crear un gran banco público coas entidades nacionalizadas comparte este venres espazo nas portadas dos xornais impresos coa final da Copa do Rei de fútbol