Diversos medios italianos, como a axencia ANSA ou o Corriere della Sera, avanzan que o Papa Bieito XVI vai renunciar ao seu posto o 28 de febreiro.
Fálase
A TVG adianta que Fernando Vázquez será o novo adestrador do Deportivo da Coruña. Vázquez estivo á fronte do Lugo, do Compostela e do Celta e dirixiu a selección galega xunto a Arsenio Iglesias.
O Deportivo da Coruña vén de confirmarlle á Radio Galega que Domingos Paciência deixa de ser o adestrador do equipo. Marcha apenas 40 días despois de chegar.
A neve está a causar problemas de circulación en estradas de toda Galicia, especialmente na provincia de Lugo. Nesta ligazón pódense consultar os detalles.
Os investigadores da Operación Campeón seguen sen detectar condutas económicas irregulares do ex ministro José Blanco e si acreditaron que o empresario Jorge Dorribo alegou a venda dun Ferrari ao ser investigado por presunto branqueo de capitais. En El Progreso.
O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, vén de ser procesado e será xulgado por presunta malversación, estafa e falsidade na xestión de axudas europeas. Cóntao El País.
A Cadena SER revela que o vicepresidente da CEOE, Arturo Fernández, paga en negro parte dos salarios ao seu persoal.
A final da Copa de Baloncesto, que enfronta en Gasteiz ao Barcelona co Valencia, comezou cunha sonora pitada contra o rei, que preside o encontro do torneo ao que lle dá nome.
Resultados da Terceira División galega de fútbol
Dorneda 2 - 1 Vilalonga
Rácing de Ferrol 2 - 0 UD Somozas
As Pontes 2 - 1 Deportivo B
Celta B 3 - 1 Rácing Villalbés
Ordes 4 - 0 Rápido de Bouzas
Narón 0 - 3 Céltiga CF
Pontevedra CF 2 - 1 SD Negreira
Barbadás 1 - 1 Cerceda
Bergantiños 0 - 1 Alondras CF
Compostela 1 - 0 Betanzos CFEl País publica unha reportaxe sobre a convivencia política en Rentería, localidade vasca na que o alcalde, de Bildu, está a apostar no seu mandato pola normalización política da localidade e o achegamento aos demais grupos políticos