PP e Ciudadanos impiden que o Congreso chegue a debater a lei para revalorizar as pensións na mesma porcentaxe que a suba dos prezos, proposta por Unidos Podemos. Ambos partidos non teñen maioría na Cámara pero si na Mesa, o seu órgano reitor, o que lles permite manter o bloqueo como xa fixeran, por exemplo, coa lei do traspaso da AP-9 a Galicia.
Fálase
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condena a España por castigar xudicialmente a queima de fotos do rei. Sentencia que se trata dunha acción que encaixa no dereito á liberdade de expresión. Está a contalo eldiario.es
O voceiro do PP no Congreso axita a prisión permanente revisable dende a capela ardente do neno asasinado en Almería e esixe que o resto de partidos do Congreso apoien esta figura punitiva, vixente dende hai tres anos. Recólleo eldiario.es nesta crónica.
ENQUISA | O PP seguiría a ser a forza máis votada nunhas eleccións xerais, pero apenas dous puntos por riba do PSOE e 3 por riba de Ciudadanos, que volve ascender en intención de voto. Unidos Podemos e as confluencias serían cuarta forza, segundo a enquisa de Celeste-Tel que publica eldiario.es
Os traballadores da Xustiza en Galicia manteñen a folga e non baixarán da esixencia de 190 euros ao mes máis para todos os corpos. Así o acordaron nas asembleas celebradas este luns nas cidades galegas para analizar a reunión coa Xunta do pasado venres. "Non daremos un paso atrás", aseguran.
Un terremoto con epicentro fronte á Costa da Morte acadou este mediodía os 3,6 graos na escala de Richter.
O Consello de Informativos de TVE denuncia novos vetos nos faladoiros a xornalistas críticos co Goberno de Rajoy. Os últimos afectados son Fernando Garea e José María Calleja, sinalan entre acusacións de "censura".
VÍDEO | As fortes chuvias da fin de semana provocan un novo desbordamento da balsa mineira da mina de Touro. Para a Asociación Aldea Viva, "esta situación volve deixar en evidencia a ineficiencia das actuacións" da Xunta no control da zona, onde unha empresa mineira pretende volver explotar o xacemento de cobre.
A BBC faise eco da "batalla legal" para "botar a familia Franco" do Pazo de Meirás. A canle pública británica debulla o informe xurídico elaborado por encargo da Deputación da Coruña e a documentación revelada no libro Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, de Carlos Babío e Manuel Pérez.
A CRTVG sufriu este domingo problemas técnicos que provocaron que o Telexornal comezase con media hora de atraso.