Ferrol inaugura o memorial aos mil asasinados polo Franquismo na comarca nun "acto de xustiza e reconciliación consigo mesmo"
O monumento, instalado no barrio de Canido, preto da tapia do cemiterio onde moitos foron fusilados, recolle os nomes de preto de mil persoas executadas polo fascismo nos meses seguintes ao Golpe de Estado de 1936 e durante a ditadura. O multitudinario acto contou coa presenza de familiares e de edís das comarca de Ferrol, Ortegal e Eume.