0 Gardados para despois

O máis importante

Desgravación de doazóns á Fundación Praza

Deducción  e desgravación de doazóns a fundacións e asociacións de utilidade pública.

Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades (BOE núm. 288 de 28 de novembro), introduce modificacións, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2015, na Lei 49/2002, do 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenado.

O 1 de xaneiro de 2015 entrou en vigor o cambio da normativa de deducións fiscais por doazóns a fundacións e asociacións de utilidade pública, que aumenta as taxas de dedución das achegas realizadas por particulares e empresas.

Doazóns de persoas físicas (Imposto da Renda das Persoas Físicas):

Até ao 2105 as doazóns de persoas físicas deducían un 25 % da achega na cota do IRPF cun límite do 10 % da súa base liquidable.

A partir do 2016, as doazóns realizadas a estas entidades polo contribuínte dan dereito a deducir da cota íntegra do IRPF un 75 %  dos primeiros 150 euros doados (do total de doazóns que realice a estas entidades, non por cada doazón realizada), e do que exceda de 150 euros dedúcese o 30 % da achega realizada. Este 30 % aumenta até o 35 % no caso de doazóns plurianuais, sempre que o doador realice no 2016 doazóns por importe igual ou superior ás  realizadas á mesma entidade nos dous exercicios anteriores (2014 e 2015).

Mantense o límite do 10 % da base liquidable  do contribuínte.

No exercicio 2015 tarnsitoriamente as porcentaxes incrementaronse até un 50 % polos primeiros 150 euros, e na cantidade de exceso foi do 27,50 % (e 32,50 % en caso de doazón plurianual).

 IRPF  Exercicio 2016 e  seguintes  Exercicio  2015
 Primeiros 150€   75 %   50 %
 Restantes +150 €   30 %   27,50 %
 Doazóns plurianuais +150€   35 %   32,50 %
 Límite deducción base  liquidable   10 %   10%

 

Doazóns de persoas xurídicas (Imposto Sociedades)

Até agora as persoas xurídicas deducían un 35 % da achega na cota do Imposto de Sociedades, co límite do 10 % na base impoñible.

A partir do 2016, as doazóns realizadas a estas entidades por empresas manteñen a dedución do 35 % da cota, pero aumenta ao 40 % se a empresa realizou doazóns plurianuais, sempre que realice no 2016 doazóns por importe igual ou superior ás  realizadas á mesma entidade nos dous exercicios anteriores (2014 e 2015).

Mantense o límite o 10 % da base impoñible.

No exercicio 2015 tarnsitoriamente as porcentaxes incrementaronse até o 37.50% no caso das doazóns plurianuais.