0 Gardados para despois

Axuda

Como se ordenan as novas?

A ordenación das novas en Praza Pública busca ofrecer o resultado máis axeitado ao que buscan os e as lectoras. Así boa parte das novas de Praza Pública aparecerán ordenadas en función da súa relevancia. Canto máis interese xeren os artigos nos lectores e lectoras de Praza, estes ocuparán unha posición máis elevada.

Ademais, tamén gozarán dunha maior visibilidade as novas máis recentes, mentres que as máis antigas perderán espazo nos lugares destacados do xornal. Nos temas, ademais, existe a posibilidade de mostrar os contidos pola súa relevancia e pola orde cronolóxica, para que cadaquén escolla como lle vén mellor ler os contidos (este é un exemplo).

En canto o sistema de produción e lectura de novas se estabilice explicaremos cómo facemos os cálculos e en base a que criterios se define a importancia dos contidos.