0 Gardados para despois

Os plans de Praza: Se buscas hotel ou ideas de lecer a bo prezo, procura antes aquí

Praza PúblicaPraza Pública | @prazapublica


Praza Pública e a empresa viguesa BuyDeal (Elo Technologies) presentan Os plans de Praza, un servizo web no que atopar aloxamento en todo o mundo, plans para as fins de semana ou ofertas en todo tipo de actividades. Os Plans de Praza é unha axencia de viaxes á nosa medida. Só temos que escoller onde viaxar e teremos á nosa disposición ducias de hoteis aos mellores prezos. Para viaxar ao estranxeiro ou a calquera cidade galega.

A páxina, xa en pleno funcionamento, conta con acordos coas maiores cadeas hoteleiras, como Abba, AC, NH, Hilton, Tryp... E ademais poderemos coñecer as opinións doutros usuarios ou usuarias grazas ao sistema de comentarios. Viaxar nunca foi tan cómodo, rápido e seguro nun portal totalmente en galego.

Pero se o que precisamos é algo máis curto e máis preto nos Plans de Praza tamén podemos atopar estancias de fin de semana ou para un par de días. Balnearios, casas rurais, recunchos agochados... lugares para descansar e descubrir Galicia de novo. Os mellores prezos e os maiores descontos. Para axudarnos a decidirnos tamén conta com artigos periódicos con recomendacións especialmente pensadas para o noso público. Por exemplo, un roteiro de paradores ou cinco hoteis con spa en Galicia.

Os plans de Praza conta con acordos coas maiores cadeas hoteleiras, con ducias de opcións aos mellores prezos

E non todo vai ser viaxar, porque na páxina tamén hai un amplísimo abano de ofertas de lecer: mergullo, paintball, ximnasios, hípica, enoloxía, cursos de todo tipo... Sempre cos mellores descontos e moi preto. Cómpre prestarmos atención, porque as ofertas renóvanse e amplíanse cada día, e o aforro pode chegar ata o 80%.

Os ingresos d'Os plans de Praza contribúen ao sostemento económico do xornal

Unha forma nova e sinxela de organizar o noso tempo de lecer e as nosas vacacións, aforrar cartos e esforzo, e sempre ben aconsellados, porque ademais dos comentarios doutros viaxeiros e viaxeiras contamos cun teléfono no que resolver todas as dúbidas. Os ingresos d'Os plans de Praza contribúen ao sostemento económico de Praza.gal, co que tamén é posible colaborar a través de achegas económicas periódicas ou puntuais, así como a través da inserción de publicidade nas nosas páxinas e mercando na Tenda de Praza, con milleiros de libros e outros produtos á disposición.

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.