Como tomar Madrid en bici

O uso da bicicleta nas cidades faise máis común, a pesar dos atrancos © madridprobici.org

Madridmonamour, o blog de Praza dedicado á capital do Estado, ofrece unha serie de trucos para moverse en bicicleta pola cidade, en especial o Plano de Rúas Tranquilas de Madrid.

Non sei cómo ve a mobilidade de Madrid a xente que vive noutra cidade ou vila e que acude a ela ocasionalmente. Si que vos podo contar a imaxe que tiña un ciclista urbano galego afeito a Barcelona: Madrid aparecía como unha eterna autoestrada entrelazada entre a cal sería pouco menos ca unha misión extrema circular en bicicleta.

E resulta que, como tantas outras veces, hai máis matices que os agardados. Un, que é un pouco bicifriqui, antes de mudarse a Madrid investigou cales eran as posibilidades reais de moverse por aquí en silencio sobre dúas rodas. E descubriu enbicipormadrid.es O nome da web xa é toda unha autoafirmación. Ou debería dicir biciafirmación.

O Plano de Rúas Tranquilas de Madrid. Esta obra mestra colaborativa pódeche facer comprender que alén de Castellanas, Gran Vias e M-30s hai unha rede xenial de rúas con pouco tráfico, pouca pendente e mesmo sombras

A chave, sen dúbida, atópase no Plano de Rúas Tranquilas de Madrid. Esta obra mestra colaborativa pódeche facer comprender que alén de Castellanas, Gran Vias e M-30s hai unha rede xenial de rúas con pouco tráfico, pouca pendente e mesmo sombras polas que poder circular tranquilamente en bici. De feito o mapa pode valer tamén para pasear fóra das arterias principais da cidade. A escasos metros de cada avenida inundada polo CO2 hai unha rúa que convida á conversa.

E se queredes pasar un bo serán unha vez ao mes, nada mellor que a Bici Crítica.

...

O post completo, en Madrid mon amour

O uso da bicicleta nas cidades faise máis común, a pesar dos atrancos © madridprobici.org

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.