O albariño leva este sábado once grupos a Cambados, Cidade Europea do Viño

Cartel da Festa Cidade Europea do Viño de Cambados Dominio Público Praza Pública

Cambados é este 2017 Cidade Europea do Viño e, no marco da súa celebración, este sábado acolle un festival orientado ao público máis novo que complementa outro tipo de actividades culturais e enolóxicas realizadas ao longo de todo o ano arredor do albariño. Desde a apertura de portas ao mediodía, polos dous escenarios habilitados no Parque de Torrado para esta Festa Cidade Europea do Viño irán pasando sucesivamente os grupos Ghesgha, Emilio José e Os Indígenas, Familia Caamagno, Oh! Ayatollah, Disco Las Palmeras!, Kings of the Beach, Cápsula, Niña Coyote eta Chico Tornado, Belako, Presumido e DJ Brian Cross. Ademais, haberá actividades infantís e un mercadiño.

O Albariño Fest forma parte do circuíto de festivais das Rías Baixas que apoia a Deputación de Pontevedra e é o último deste verán

O Albariño Fest forma parte do circuíto de festivais das Rías Baixas que apoia a Deputación de Pontevedra e é o último deste verán, despois de PortAmérica, Cultura Quente, Revenidas, Atlantic Fest, SonRías Baixas, Sinsal, O Marisquiño e Vive Nigrán.

Programación da Festa Cidade Europea do Viño de Cambados (pincha para ampliar) Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.