0 Gardados para despois

Sada celebra a Festa da Xiba con ruta gastronómica e concurso de tapas

Redacción | @prazapublica

Sada entrégase á xiba. Nesta última fin de semana do mes de abril --desde este venres e até o domingo-- celébrase na localidade a Festa da Xiba,  que nesta novena edición aposta por unha ruta gastronómica na que están incluídos máis de 80 establecementos da vila, animación musical, premios directos e un concurso gastronómico no que participarán trece establecementos divididos en tres zonas do casco urbano.

Sada celebra a novena edición da Festa da Xiba, na que aposta por unha ruta gastronómica por numerosos locais

Na primeira delas, na zona da praia, participarán os locais A Nosa Viña coa tapa Brazo de Xiba, La Esquinita con Guiso de Xiba, Mesón Costa da Morte con Xiba Costa da Morte, A Marola con  Xiba en Arroz Caldoso e Sada Bay con Croqueta de Xiba. Na zona Centro: A Lagoa con Xiba na súa tinta, Antoxos con Nido de Xiba,  Leo´s con Xiba en tarteira e Rincón de Burgos con Tartar de Xiba con garabanzos e cruxinte. Mentres que na zona do Porto serán Covandaca con A Perla das Mariñas, El Canalla con Molete de xiba en tinta con alioli de aguacate, Mesón Nordeste con Albondigas de xiba e Ría de Sada con Xiba en salsa de albariño e langostinos.

No concurso gastronómico participarán trece establecementos con cadansúas tapas de xiba

Segundo explica a Concellería de Promoción Económica e Turismo, a presente edición contará cun xurado profesionais para a avaliación das propostas que  estará composto por Maruxa Quiroga, directora executiva de Tastelab; Marcos Balboa Beltrán, presidente de Jóvenes Empresarios de Galicia; Sonia Molero, secretaria da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia” e Fernando España, administrador do Grupo Eres de Tapas Si, entre outros.

Segundo o concelleiro Liss Becerra, “Sada aposta pola rexionalización da festa levando a súa promoción ás catro provincias galegas e máis alá”. Por iso, explicou, diversificouse a estratexia publicitaria e apostouse polo "incremento sensible no importe dos premios que recibirán concursantes e clientes".

“Este certame, debe marcar un antes e un despois na historia do mesmo, en canto a difusión e suceso do mesmo, e para iso e imprescindible a implicación e determinación dos hostaleiros de Sada cos que contamos desde esta concellería”, apuntara o concelleiro na presentación dunha festa cada vez máis asentada entre o amplo programa de celebracións gastronómicas do país. 

IX Festa da Xiba en Sada

© Concello de Sada

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.