Como se festexa a entrada dun novo ano no mundo?

Dominio Público Praza Pública

Sen Pasaporte, o blog de viaxes de Praza Pública, amosa distintas maneiras nas que se celebra o aninovo en todo o planeta, dende as ofrendas ao mar do Brasil ou a tradición de romper pratos en Dinamerca, até o Auld Lang Syne cantado en Londres.

Hoxe finaliza o 2012, un ano marcado como cambio de era polas profecías maias e de duros recortes pola crise económica que está a afectar a todo o mundo. Máis importante para uns e menos para outros, o verdadeiramente importante neste día son os desexos de futuro, de mellora dos nosos erros e de esperanza para os nosos soños. É por iso polo que o festexamos tan profundamente, porque necesitamos unha purga e un comezo desde cero, un borrón e conta nova. Pero, como se celebra esta data polo mundo?

1) Comendo lentellas: Na notte di Capodanno, é imprescindible cear un plato de lentellas en Italia para ter un novo ano cheo de fortuna. Ademáis, en cidades como Roma ou Nápoles tamén é tradición lanzar trastos vellos polas ventás, como símbolo de terminar co pasado e expresas o desexo de comezar unha nova etapa.

2) Berrando e facendo ruido: Unha das primeiras cidades en entrar no novo ano é Sidney. Alí, os cidadáns comezan o novo calendario facendo o maior ruido posible: berran, saen ás rúas con trompetas e silbatos, fan soar o claxon dos coches, as campás das igrexas e todo aquelo que poida alterar o silencio. Por último, contemplan o espectáculo de luces e fogos artificiais sobre a cidade, un dos máis coñecidos en todo o mundo.

En Xapón durante días realízanse as chamadas bonenkai, que son ceas de familiares, amigos e incluso de traballo nas que se come e bebe ata reventar. É unha forma de esquecer os malos ratos do pasado e mirar ó futuro con optimismo

3) Admirando o amencer: No Xapón, a celebración de aninovo é unha das más importantes. Durante días realízanse as chamadas bonenkai, que son ceas de familiares, amigos e incluso de traballo nas que se come e bebe ata reventar. É unha forma de esquecer os malos ratos do pasado e mirar ó futuro con optimismo. Unha forma de entrar ben é admirar o amencer, xa que simboliza o ano novo que chega e é un acto de gran respecto entre os que o observan.

4) Queimando bonecos: En países de Latinoamérica como Perú ou Arxentina é tradición queimar monigotes que representan o ano vello. Parecidos ás fallas valencianas, estas figuras arden para deixar entrar un novo ano de prosperidade e boa sorte. Como acompañamento, bótanse fogos de artificio desde os chamados castillos. Os monigotes que máis soen arder representan figuras de políticos, tanto locais como internacionais, así como acontecementos importantes que ocorreron nese ano.

En países de Latinoamérica como Perú ou Arxentina é tradición queimar monigotes que representan o ano vello

5) Camiñando con maletas: Esta tradición tamén é bastante popular en todo o continente sudamericano. Tras entrar no novo ano, aquelas persoas que desexen viaxar terán que saír á rúa coas súas maletas e dar unha volta con elas. Para os máis vagos, din que tamén se dá o mesmo efecto deixando as maletas fóra da porta da casa ou mesmo dando unha volta polo interior do fogar.

6) Cantando unidos das mans: En Londres podes festexar o ano de varias formas. As máis populares son a conta atrás no Big Ben e os posteriores fogos de artificio e, a outra, é xuntarse nas prazas da cidade, como Trafalgar Square e cantar unidos da man o Auld Lang Syne. Esta vella canción escocesa ten a letra dun poema escrito no 1788 por Robert Burns. O título, traducido ó galego sería como Hai moito tempo, e soe cantarse en despedidas, funerais ou cando se inicia ou remata unha longa viaxe.

7) Botando ofrendas ó mar: No Brasil reciben o aninovo vestidos completamente de branco. É unha data moi especial, o chamado Reveillon. Desde a tarde, en todas as praias do país comezan a soar os timbais e a salsa empeza a bailarse ata ben entrado o novo día. Pero o momento máis especial de todos é a medianoite. Nese momento, as persoas acércanse ó mar e botan ofrendas para conseguir o favor da deusa youruba Iemanjá, a chamada raíña do mar. Entre as ofrendas máis populares están as rosas ou as velas. Tamén é tradición meterse no mar e recibir sete ondas de boa sorte.

En Dinamarca non está mal visto romper a vaixela neste día. É unha tradición para demostrar ós seres queridos canto se lles aprecia, incluso coas amizades, xa que o número de bós amigos é proporcional ó número de pratos rotos

8) Disfrazándose: Aínda que a gran tradición surafricana é facer soar as campás e lanzar salvas ó ceo, en moitas partes da terra de Mandela a xente sae á rúa disfrazada e disposta a divertirse ó son dos tambores.

9) Rompendo pratos: En Dinamarca non está mal visto romper a vaixela neste día. É unha tradición para demostrar ós seres queridos canto se lles aprecia, incluso coas amizades, xa que o número de bós amigos é proporcional ó número de pratos rotos.

10) Limpando a casa: Este é un símbolo de botar fóra ós malos espirítos e os restos de mala sorte para deixar entrar os bós fados e a fortuna. É moi común no leste asiático, en países como China, Corea ou Xapón. Tamén teñen outra serie de costumes. En Corea, di a lenda que se quedas durmido na derradeira noite do ano ergueraraste coas cellas brancas. Por este motivo, ninguén durme e pónse unha luz en cada habitación. Pero non en todas as partes de Asia celebran o ano novo o mesmo día.

As formas de festexalo son moi diferentes pero o obxectivo é o mesmo: atraer a boa sorte para poder ter fortuna na nova etapa da vida que simboliza un novo ano no calendario

En Tailanda festéxase do 13 ó 15 de abril. Chámase Sogkran e a xente tírase cubos de augar uns a outros para atraer á choiva. Ademais, lavan todas as imaxes de Buda, liberan os paxaros das súas xaulas e botan os peixes dos acuarios particulares ó río para poder obter boa sorte. Na Inda celébrase entre outubro e novembro. É o chamado Diwali, ou Festividade da Luz, e o lume é o principal protagonista, xa que por todas as esquinas encéndese lámpadas de aceite que simbolizan a victoria do ben sobre o mal.

Como se pode observar, as formas de festexalo son moi diferentes pero o obxectivo é o mesmo: atraer a boa sorte para poder ter fortuna na nova etapa da vida que simboliza un novo ano no calendario.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.