0 Gardados para despois

Este luns será o día máis triste do ano

Redacción | @prazapublica

Comeza a semana, estamos no máis duro do inverno, os días son aínda curtos, na costa de xaneiro e, ademais, os bos propósitos que todos fixemos co aninovo comezan a esvaecer. Como non vai ser este luns 21 o día máis triste do ano? É o blue monday, o luns tristeiro, que todos os anos cadra no terceiro luns de xaneiro e é considerado o día máis triste do ano en función de todos eses criterios.

En realidade todo provén dunha campaña publicitaria que a compañía Sky Travel levou a cabo en Gran Bretaña en 2005. Porén a campaña baseouse nun estudo supostamente científico asinado polo investigador Cliff Arnall, que mesmo o acompañou dunha fórmula matemática. Arnall afirma ter calculado tamén cal é o día máis feliz do ano, que cadraría máis ou menos por San Xoán e o solsticio de verán. 

 

Coa túa achega fas posible que sigamos publicando novas coma esta.