Os blogueiros galegos de moda teñen unha cita en Vigo

Cartaz do evento © i'm a fashion blogger

A zona comercial urbana Centro Príncipe convoca os blogueiros e blogueiras galegas de moda ao evento I'm a fashion blogger, que se celebrará o sábado 21 de setembro en Vigo con presentación de outfits, novos looks, photocall, agasallos, descontos e desgustacións.

Os blogueiros e blogueiras poderán participar no Concurso ao Mellor Look. Para participar, os e as concursantes terán que pasar ao longo da mañá polas tendas adheridas ao evento na procura do mellor outfit e mercar alí cando menos dous artigos (roupa, zapatos, complementos...) para despois posar no photocall de Centro Príncipe. Unha vez tiradas todas as fotos, abrirase a votación para escoller o mellor look, reembolso das prendas compradas até un máximo de 100 euros e converterse no blogueiro ou blogueira oficial de Centro Príncipe para os eventos que se organicen nos vindeiros meses. Ademais, os participantes contarán cun servizo de perruquería e maquillaxe. O gañador ou gañadora darase a coñecer a partir das 19.30.

Ademais do premio ao mellor look, tamén se escollerá o mellor blog entre os participantes

Xa pola tarde, de cinco a sete, celebrarase unha xuntanza dos blogueiros inscritos no evento, que darán a coñecer as súas páxinas e actividades, compartindo experiencias e achegándose a proxectos semellantes. Ademais do premio ao mellor look, tamén se escollerá o mellor blog entre os participantes. As inscricións poden realizarse até este xoves 12 na web do evento I am a Fashion Blogger. A única condición que se esixe para participar é ter en activo un blog de moda. Polo de agora hai once blogueiras inscritas.

Cartaz do evento © i'm a fashion blogger

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.