Oito momentos para non perder no festival Carballo Interplay
Podcast en directo, paneis sobre tendencias na rede ou webseries de todo o mundo son algunhas das propostas da programación do Carballo Interplay. O festival de contidos dixitais prepárase para festexar a súa undécima edición entre o 4 e o 7 de abril. Toda a programación é de balde.