Amnistía Internacional denuncia o uso excesivo da forza por parte da policía en manifestacións

AI sinala o caso das cargas dos Mossos o 27 de maio en Barcelona contra os acampados en Plaça Catalunya © AI

Amnistía Internacional presentou este xoves o seu Informe Anual (que fai 50 edicións), demandando un tratado "sólido" sobre o comercio de armas "dado que o Consello de Seguridade da ONU parece cada vez menos axeitado para a súa función". Tamén fixo fincapé en que Oriente Medio e o Norte de África se están "desperdiciando as oportunidades para o cambio que crearon os manifestantes" e culpa diso ás "alianzas oportunistas e os intereses económicos".

A este respecto, volve apuntar á "inoperancia" da ONU": "a súa non intervención en Sri Lanka e a súa pasividade ante os crimes contra a humanidadr en Siria fixeron que o Consello de Seguridade da ONU parecese incapaz de levar a cabo a súa función de gardián da paz mundial" e engade que "as superpotencias emerxentes de Brasil, India e Sudáfrica foron cómplices co seu silencio".

O informe chama a atención sobre as cargas policiais ordenadas por Felip Puig, contra os indignados e indignadas concentradas na Plaça Catalunya en maio de 2011

En canto ao Estado Español, Amnistía Internacional parabenízase polo abandono do terrorismo por parte de ETA, pero sinala algúns déficits, relacionados principalmente coa violencia policial e algúns agromos de racismo. En concreto, chama a atención sobre as cargas policiais ordenadas polo conseller de Interior da Generalitat, Felip Puig, contra os indignados e indignadas concentradas na Plaça Catalunya en maio de 2011, sinalando que os axentes non levaban a obrigada placa co seu número de identificación e que o goberno catalán se negou a abrir unha investigación sobre o sucedido. O informe sinala outros caso, como un sucedido en Madrid en agosto, cando os antidisturbios provocaron feridas a dúas mulleres que se atopaba próximas ao percorrido dunha manifestación.

Amnistía Internacional chama a atención, igualmente, sobre numerosos casos de torturas a detidos, fundamentalmente inmigrantes, que nalgúns dos casos finalizaron con lesións graves

Amnistía Internacional chama a atención, igualmente, sobre numerosos casos de torturas a detidos, fundamentalmente inmigrantes, que nalgúns dos casos finalizaron con lesións graves, e que non foron investigadas suficientemente. O informe tamén salienta que España seguíu desoíndo os chamamentos dos organismos internacionais de dereitos humanos para que deixase de aplicar a detención en réxime de incomunicación aos sospeitosos de delictos de terrorismo, pois as persoas sometidas a este réxime poden permanecer recluídas até 13 días, e nese tempo non tiñan acceso a un avogado e non podían comunicar a seu paradeiro á súa familia.

O informe trata tamén o problema do racismo e alerta de que se seguen efectuando controis discriminatorios de identidadr, centrados específicamente en personas pertencentes a minorías étnicas.

AI sinala o caso das cargas dos Mossos o 27 de maio en Barcelona contra os acampados en Plaça Catalunya © AI

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.