Vigo ve reforzado o seu Xulgado de Familia, pero non o de violencia machista

Edificio dos xulgados en Vigo CC-BY-SA HombreDHojalata

Vigo contará dende xaneiro cun terceiro xulgado de Familia para "desconxestionar e anticipar sinalamentos", ante a situación de "colapso" que fora denunciada nos últimos meses, e que obrigou os traballadores e traballadoras dos tribunais a levar a cabo distintas accións de protesta. Alternativas na Xustiza sinalara que "a situación de colapso dos Xulgados de Familia de Vigo era coñecida por todo o mundo". O xuíz será o que xa está de reforzo apoiado por outros dous funcionarios, que serán achegados pola Xunta. A Xunta aproveitará o piso alugado onde ten a súa sede o xulgado de preferentes, que pechará o día 30,

Os xulgados estaban un 178% por riba dos módulos que marca o propio Consello Xeral do Poder Xudicial

Os xulgados estaban un 178% por riba dos módulos que marca o propio Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e, por exemplo, no último trimestre seis demandas presentadas no Xulgado de Familia nº 5 se derivaron ao Xulgado de Violencia sobre a muller.

Precisamente o reforzo do Xulgado de Violencia de Xénero, outra das grandes demandas dos traballadores e traballadoras dos tribunais, de momento non se levará a cabo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia descartou achegar máis recursos a este xulgado porque o modulo de asuntos é de 1.100 casos e o máximo estímase en 1.800.

"A participación activa dos traballadores foi a clave para lograr alcanzar a creación do novo Xulgado de Familia", sinala Alternativas na Xustiza

Alternativas na Xustiza-CUT salientou que "os únicos que tiveron a iniciativa e o valor de denunciar publicamente nos medios de comunicación o colapso e sobre todo de loitar por un Xulgado de Reforzo de Familia para a cidade de Vigo foron os traballadores e os avogados que participaron nalgunha das accións emprendidas" e que "a participación activa dos traballadores, igual que sucedera na loita do Xulgado de Reforzo do Social de Vigo, foi a clave para lograr alcanzar a creación do novo Xulgado de Familia".

Edificio dos xulgados en Vigo CC-BY-SA HombreDHojalata

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.