"Pagarei 2.500 euros a unha mafia para ir a Finlandia ilegalmente"

CC-BY-SA Praza Pública

ATENAS - Enviados especiais

Heterotopias refuxiadas, o proxecto de Praza que desde Grecia afonda na situación destas persoas fuxidas e atrapadas aló, tráenos outro tetemuño. Desta volta, un home sirio que xa ten pensado chegar ao norte de Europa, de maneira irregular e tras o pagamento a unha mafia. A guerra obrigouno a deixar a carreira no seu país para emprender toda unha odisea até chegar a Atenas. Pero non se detén aí. 

Non vai solicitar asilo porque non quere agardar indefinidamente por un papel; tentará cruzar a fronteira de xeito ilegal

Bilal é un estudante de Dereito de Damasco. Chegou a Atenas despois de cruzar Turquía, atravesar a Lesvos en zodiac e tentar pasar a fronteira con Macedonia sen éxito. Viviu na rúa durante dous meses e medio sen que ninguén se preocupara del. Hoxe vive nunha squat do centro. Non vai solicitar asilo porque di que non quere agardar de xeito indefinido por un papel. O seu soño é chegar a Finlandia para rematar os seus estudos. En dúas semanas tentará cuzar a fonteira de maneira irregular despois de pagarlle 2.500 euros a unha mafia. Bilal ten un soño e ninguén o vai parar até que o consiga. 

>> Podes acceder a todos os vídeos de 'Heterotopias Refuxiadas' na canle de Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.