A formación en Down Galicia: o primeiro paso cara ao emprego

CC-BY-SA Praza Pública

"O acceso ó mundo laboral é un dereito básico, ademais dunha das formas máis positivas de favorecer a plena inclusión socio-laboral e a vida autónoma das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual", a Fundación Down Galicia e as súas entidades membros traballan no desenvolvemento das capacidades das persoas usuarias para a súa posterior inserción laboral e/ou a mellora da súa empregabilidade.

No vídeo que nesta información achegamos, Aloia Lema, coordinadora de Formación da Fundación Down Compostela, explica unha das metodoloxías empregadas na Fundación para traballar a mellora destas capacidades.

>> Máis información no blog Desmontando Tópicos, de Down Galicia en Praza

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.