13 feridos no accidente do Porriño seguen ingresados

Equipos de emerxencia e veciñanza axudaron os feridos Dominio Público Cedida

13 dos 49 pacientes que chegaron a ser atendidos nos hospitais de Vigo logo do accidente ferroviario deste venres no Porriño continúan ingresados na mañá deste sábado, segundo informa a Consellería de Sanidade. Só un dos evacuados, o mozo vigués de 23 anos, faleceu no hospital, mentres que outros 35 afectados foron xa dados de alta. Dos atendidos, 27 son españois, oito estadounidenses, tres portugueses, outros tantos alemáns, dous brasileiros, dous arxentinos, dous uruguaios, un filipino e un chileno.

35 afectados foron xa dados de alta. Os feridos son de nove nacionalidades distintas.

No lugar do accidente, técnicos de Adif traballan para retirar os restos do tren sinistrado e reparar as instalacións ferroviarias para retomar este sábado a circulación de trens polo Porriño. Mentres, os viaxeiros dos numeroso trens afectados, tanto a Portugal como os de longa e media distancia de Vigo cara Ourense, están sendo transportados en autobuses.

O helicóptero de emerxencias, a chegar á contorna do estación Dominio Público Marcos U. Pérez - Cedida

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.