Educación recorta profesorado de atención directa a nenos e nenas con autismo

Plataforma en defensa da inclusión educativa © Praza Pública

O CEIP Salgado Torres da Coruña, un centro de escolarización preferente para escolares con esta diversidade, contará o vindero curso cun docente menos de pedagoxía terapéutica. 

Así o denuncian CIG-Ensino e a Plataforma en defensa de la inclusión educativa, que sinalan a gravidade do caso, non só polo recorte específico de persoal e a devaluación da calidade do ensino e da atención aos alumnos e alumnas neste centro, senón por ser o CEIP Salgado Torres un colexio ao que a propia Consellaría deriva a matrícula de nenos e nenas con estas necesidades educativas especiais por entender que dispón de recursos materiais e persoais necesarios para a correcta intervención educativa con estes menores.

A Plataforma lémbralle ao conselleiro Jesús Vázquez o compromiso adquirido no Decreto de atención á diversidade

A Plataforma lémbralle ao conselleiro Jesús Vázquez o compromiso adquirido no Decreto de atención á diversidade, que no seu artigo 2 prevé "realizar a dotación dos recursos necesarios para ofrecer unha educación equitativa e de calidade, dentro dos principios inclusivos e de individualización da intervención educativa, nun centro de escolarización preferente, que soporta polo tanto unha matrícula de alumnos con necesidades educativas permanentes superior á media".

Plataforma en defensa da inclusión educativa © Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.