Así foi a manifestación contra as touradas en Pontevedra

Cabeceira da manifestación CC-BY-NC Galiza Contrainfo

Máis dun milleiro de persoas participaron este sábado en Pontevedra na manifestación contra as touradas, apoiada por un cento de entidades. Dende a plataforma organizadora -Touradas fóra de Pontevedra- saliéntase que se trata da marcha máis numerosas das celebradas nos últimos anos. A manifestación pediu poñer fin á feira taurina da cidade, a única de Galicia e tamén demandou unha lei autonómica que protección animal que prohiba este tipo de espectáculos de maltrato, como en Canarias, Cataluña e Baleares.

A xornalista Diana López Varela foi a encargada de ler o manifiesto final, que puxo o foco na responsabilidade do Partido Popular e que salientou que se trata dunha actividade "ruinosa" que non podería sobrevivir "se non fose pola súa capacidade para succionar diñero público". O manifesto tamén esixiu que o Concello de Pontevedra suprima o convenio económico que aínda mantén cos propietarios da Praza de Touros para poder facer uso do espazo para determinadas actividades -por exemplo durante a Feira Medieval-. "O movemento demóstrase andando e é necesario dar novos pasos para evitar que o diñeiro de todos acabe nos petos do empresariado taurino", dicía o manifesto a este respecto.

 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.