Máis de 30 vilas e cidades galegas acollerán mobilizacións feministas o 8M

Imaxe da manifestación do feminismo galego deste domingo 4 de marzo CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo

Milleiros de mulleres manifestáronse este domingo en Vigo, na marcha que anticipou a mobilización deste xoves 8 de marzo, na que o movemento feminista impulsa unha folga xeral de mulleres, rexistrada legalmente polos sindicatos. O 8 de marzo, ademais da folga, están convocadas concentracións e manifestacións en máis de 40 cidades e vilas galegas, unha listaxe á que se van incorporando cada día máis localidades. O éxito da marcha celebrada este domingo en Vigo augura unha elevada participación nas mobilizacións da xornada de folga xeral. As convocatorias principais terán lugar a última hora da tarde, aínda que tamén ao mediodía están previstos actos en moitos lugares.

A Coruña: Manifestación. Saída ás 19 horas do Obelisco (convoca: Movemento feminista unitario da Coruña) // 19.30. Manifestación dende a Praza de Pontevedra (convoca: Galegas8m)
Compostela: Ás 12 horas concentración na Praza Roxa e ás 20 horas manifestación dende a Praza 8 de marzo
Lugo: Ruada nocturna. Saída ás 20 horas do Multiúsos da Xunta
Ourense: Manifestación. Saída ás 20 horas dende a Subdelegación do Goberno
Vigo: Ás 12 horas concentración na Rúa do Principe e ás 20 horas manifestación desde a Praza de Portugal
Marín: Manifestación. Saída ás 20:30h da Casa do Concello
Ferrol: Manifestación. Saída ás 20 horas da Praza Amada García (edificio da Xunta)
Monforte: Manifestación. Saída ás 20 horas da Praza de España
Cangas: Concentracion ás 12.30 horas na Praza do Concello e ás 20 horas manifestación
Vilalba: Concentración desde as 11:30 ata as 21 horas na Praza da Constitución
Pontevedra: Concentración de 12 a 14 horas na Praza da Peregrina. Manifestación ás 20 horas, tamén na Peregrina
Ponteareas: Concentración ás 12 horas na Praza Bugallal.
Ribeira: Concentración ás 20 horas na Praza do Concello
Cee: Concentración ás 20 horas na Praza 8 de Marzo
Redondela: Concentracións con lectura de textos ás 12 e ás 19 horas na Praza da Constitución
Allariz: Concentración a partir das 12:30 horas na Praza Maior
Chantada: Concentración ás 12 horas na Praza de Galicia (Xulgado)
Ribadeo: Viaxe común Ribadeo-Burela no tren das 15 horas
Viveiro: Viaxe común Viveiro-Burela no tren das 17 horas
Burela: Actividades no local da Asociación Xebra ás 16 horas. Marcha de mulleres ás 19:30 desde a estación do tren. Concentración na Praza da Mariña ás 20 horas
O Barco de Valdeorras: Concentracións ás 13 horas e ás 20 horas na Praza do Concello
Verín: Concentración ás 20 horas na Praza do Concello
Vilagarcía de Arousa: Concentración ás 20 horas na Praza de Galicia
Moaña: Concentración ás 12:30 e ás 20 horas na Praza do Concello
A Illa de Arousa: Marcha pola igualdade real entre mulleres e homes. Saída da Lonxa ás 18 horas ata o Concello.
Miño: Concentración no cruce da Carreira ás 12 horas.
Carral: Concentración ás 20 horas na Praza da Capela
Val Miñor: Ás 12:00, saídas dende Nigrán, Gondomar e Baiona. Ás 13:00, concentración na Ramallosa.
Carballo: Concentración ás 12:30 horas na Praza do Concello
Muros: Concentración as 12 horas no Curro da Praza.
O Porriño: Concentración na Praza Antonio Palacios ás 12:30 horas
Ames: Concentración ás 12 horas na Praza do Concello
Lalín: Concentración ás 12:30 horas na Praza da Igrexa
Noia: Concentración ás 20 horas na Alameda
Viana do Bolo: Concentración na Praza Maior ás 12 horas
Rianxo: Concentración ás 12:30 horas na Praza Castelao
Vila de Cruces: Concentración ás 12 horas diante do IES Marco do Camballón
Cerceda: Concentración ás 12 horas no Campo da Feira
Sarria: Concentración ás 12:30 horas na Praza do Concello
Betanzos: Concentración ás 12 horas na Praza do Concello
O Grove: Concentración ás 12 horas na Praza do Corgo
Ordes: Concentración as 12 horas na Alameda e diante do vello Concello
Pobra de Trives: Manifestación as 12:30 horas desde o Concello ata a Praza do Pilón

 

Na Mariña, defensa feminista do tren de proximidade

As actividades convocadas este xoves na Mariña lucense estarán centralizadas en Burela, que acollerá un convivio a partir das 16 horas no local da Asociación Xebra, e unha marcha dende a estación do FEVE ás 19.30, que rematará cunha concentración na Praza da Mariña ás 20 horas. Porén, tanto en Ribadeo (ás 15 horas) coma en Viveiro (ás 17 horas) hai chamamentos a desprazarse ata Burela en tren, nunha "viaxe común" que servirá tamén para reivindicar a importancia do ferrocarril de proximidade. “A viaxe en tren é moi simbólica dado que no traxecto pasamos por varios municipios da comarca e tamén porque o FEVE representa un símbolo propio que queremos apoiar e reivindicar como servizo público”, destacan dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade. Cómpre lembrar que o transporte público é empregado polas mulleres en moita maior medida que polos homes. De feito, elas empregan o transporte público o dobre (6,74%) que eles (3,45%), de aí que sexan as principais prexudicadas cando o servizo se degrada, como está a suceder co tren en moitas zonas de Galicia.

 

Na Illa de Arousa, "sapatear" o mandil e cantar o "Verdegaio"

Outra das convocatorias máis singulares para o 8 de marzo é a que se prepara na Illa de Arousa. Ás 18 horas partirá da Lonxa unha marcha pola igualdade real entre mulleres e homes, que chegará ata o Concello, e na que se anima a todas as participantes a "encambar" o mandil "para despois sapatealo ao finalizar a marcha. Daquela lerase un manifesto e cantarase o Verdegaio Arousán, "canción fermosa, feminista, galega e necesaria", destácase na convocatoria, na que tamén se fai un chamamento a levar "instrumentos musicais, ferramentas de traballo, tarteiras ou todo aquilo que sirva para facer ruído. Fagámonos oir!".

 

Imaxe da manifestación do feminismo galego deste domingo 4 de marzo CC-BY-SA Galiza Contrainfo
Unha das participantes na manifestación feminista deste domingo en Vigo CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo
Unha das participantes na manifestación feminista deste domingo en Vigo CC-BY-NC-SA Galiza Contrainfo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.