O xornalista galego Aníbal Malvar, denunciado por inxurias á xuíza que condenou a fotomontaxe de Cristo

Aníbal Malvar © Negra y Criminal

A Fiscalía de Jaén presentou unha denuncia contra o xornalista e escritor galego Aníbal Malvar como presunto autor dun delito de inxurias graves á maxistrada Valle Elena Gómez, titular do Xulgado do Penal número 1 da cidade andaluza. Tal e como adiantou Diario de Jaén, o Ministerio Fiscal actuou contra o periodista coruñés por un artigo publicado o pasado 10 de febreiro en Público no que criticaba a actuación da devandita maxistrada, que condenou o mozo Daniel Serrano por un delito contra os sentimentos relixiosos por ter realizado unha fotomontaxe na que superpoñía sobre a imaxe do Cristo da Confraría da Amargura coa súa propia cara tras  un xuízo no que o acusado admitía a súa culpabilidade. 

A Fiscalía denuciou a Malvar por un artigo no que critica a maxistrada que condenou un rapaz por superpoñer a súa cara sobre a imaxe de Cristo nunha fotomontaxe

Malvar prefire non facer declaraciós até ter notificación oficial dunha denuncia confirmada polo xornalista que tivo acceso á información. "Partíuseme a alma cando vin o rapaz pedir perdón por un delito que nin existe nin tiña cometido. Esa condena é unha vexación a  un ser humano", xustificou o xornalista galego unha vez coñecida polos medios a demanda contra el. "Prometo un xuízo entretido. Sospeitaba que ía pasar antes xa de escribir, cando vin ao rapaz na tele e decidín ser tan animal coma eles inhumanos. Coma son de natural cabaleiroso andante, non me pareceu mal muíño contra o que escachar a miña adarga", engadiu despois. 

No seu artigo, Malvar reprocha "a un mierda de juez de Jaén, [...] un fascista asqueroso, un gilipollas, un castrato intelectual, una cagada de persona, una excrecencia ética, un esputo en la frente de la evolución humana" a condena ao rapaz, que "ha aceptado pagar 480 euros. Diez días de jornal vareando aceitunas. No es una metáfora. El chaval condenado se dedica a varear aceitunas. Estoy seguro de que ese hijo de puta de juez no sabe lo que es varear aceitunas".

"Partíuseme a alma cando vin o rapaz pedir perdón por un delito que nin existe nin tiña cometido", xustificou Malvar nas redes sociais

Segundo Diario de Jaén, a Fiscalía daquela cidade enterouse da publicación do artigo e decidiu denunciar de oficio por se fose constitutiva de delito de inxurias graves contra a autoridade xudicial. Así, foi enviada ao Decanato para ser repartida entre os xulgados de instrución da localidade. O maxistrado Fernando Moral investiga os feitos aínda que Malvar non foi aínda chamado a declarar. 

Aínda que a xuíza non denunciou, si tería pedido amparo ao presidente da Audiencia Provincal de Jaén e á Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, que a apoiaron. O delito de inxurias graves supón unha condena de multat, ademis da indemnización que se determine. 

Fotomontaxe pola que foi condenado o rapaz andaluz CC-BY-SA Praza Pública
Aníbal Malvar © Negra y Criminal

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.