Unha marcha reclama na Coruña a recuperación para o público dos terreos de Defensa e o Hotel Finisterre

Remate da marcha no Campo da Estrada Dominio Público @defensadocomun1

Unha marcha convocada pola Comisión Aberta en Defensa do Común percorreu este sábado as rúas da cidade vella da Coruña baixo o lema “Pola paralización definitiva das poxas do Hotel Finisterre e dos terreos do Campo da Estrada”. A marcha discorreu ao longo das antigas murallas da cidade entre Porta Real e Campo da Estrada-Maestranza.

A marcha discorreu ao longo das antigas murallas da cidade entre Porta Real e Campo da Estrada-Maestranza

Segundo os organizadores, “Defensa do Común reivindica tamén con esta II Marcha Cívica a execución do acordo plenario aprobado en abril de 2016, que falaba da devolución gratuíta ao concello dos terreos de Defensa para zonas verdes e equipamentos públicos”. Do mesmo xeito, para o Hotel Finisterre a plataforma reivindica que a súa parcela “teña o mesmo tratamento que A Solana” e “sexa pública, impedindo a súa privatización”.

Defensa do Común trasladará as súas reivindicacións a todos os grupos municipais "para que presenten unha moción conxunta no próximo pleno de xuño", momento no que o colectivo espera estar xa constituído como asociación.

Cartel da marcha Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.