Nace eldiario.es, o novo xornal dixital para a cidadanía crítica

Cabeceiro de El Diario © El Diario

Botar a andar un xornal coa que está caendo parece sempre unha tolemia. Pero aí pode estar tamén a oportunidade para un novo proxecto. Os cidadáns están moi necesitados de novas voces xornalísticas, de alternativas aos medios convencionais. Así o demostra o éxito de Zona Crítica, o blog de análise e opinión que os promotores de El Diario lanzaron hai uns meses como avanzadilla e como espazo de publicación para estar preparados "nun escenario de recortes e de inminente rescate". Zona Crítica tivo neste tempo unha media dun millón de usuarios únicos mesmo en agosto. E non deixaba de ser un blog.

Zona Crítica tivo neste tempo unha media dun millón de usuarios únicos mesmo en agosto. E non deixaba de ser un blog.

ElDiario.es é un xornal, convencional no seu formato e na súa confección. Dixital porque os seus impulsores están convencidos de que o presente do xornalismo é a rede, sobre todo para os lectores con menos de 50 anos. Centrarase na información política, social, e económica porque é a que está máis desatendida nestes momentos, a máis necesaria, e nacen preocupados polo medio ambiente, a xustiza social e os dereitos humanos. Eldiario.es está editado por una sociedad limitada: Diario de Prensa Digital S.L. E máis do 50% desta empresa está en manos de persoas que traballan diariamente na redacción. Como salienta Ignacio Escolar, o seu director, "somos xornalistas que nos convertemos en empresarios para mercar a nosa liberdade".

Escolar tamén salienta nun texto de presentación publicado este martes que "queremos reivindicar os vellos valores do noso oficio, o xornalismo, que vive hoxe un momento crucial: nunca antes fora tan necesario para os cidadáns e nunca antes fora tan débil ante o poder" e engade que o periodismo é "un oficio que non pode ser un hobby, pero que tampouco é un negocio máis".

Escolar dirixe unha redacción reducida, que non chega a unha ducia de xornalistas, entre os que destacan Juan Luis Sánchez, Iñigo Sáenz de Ugarte, Andrés Gil, Luz Sanchis, Gonzalo Cortizo, Belén Carreño, Fèlix Martínez e Olga Rodríguez, que é ademais a Defensora do Lector. Tamén están outros redactores como Héctor Juanatey, Ana Requena ou Elena Cabrera. Ou as viñetas de Fontdevila e Vergara. Ou as sinaturas habituais de Rosa María Artal, Carlos Elordi, Rafael Reig, Javier Gallego 'Crudo', Isaac Rosa, Antonio Orejudo, Javier Vizcaíno, Amador Fernández Savater ou Guillermo Zapata. Nace cunha serie de blogs temáticos que se irán ampliando, entre os que destacan os centrados nos dereitos humanos, no medio ambiente ou na economia cooperativa. Tamén contará cun suplemento cultural realizado polos responsables de Hotel Kafka,

El Diario e Praza colaboraremos estreitamente cun continuo intercambio de contidos, dos que vos iremos dando máis detalles nos vindeiros días

El Diario e Praza colaboraremos estreitamente cun continuo intercambio de contidos, dos que vos iremos dando máis detalles nos vindeiros días. Ademais El Diario terá edicións en Catalunya, Valencia, Andalucia e Asturias, ás que se irán incorporando outros territorios.

En canto ao lanzamento, que se producirá ao longo da mañá deste martes, Escolar anuncia que El Diario publicará "unha exclusiva" e tamén o primeiro dunha serie de estudos de opinión pública en internet sobre líderes políticos.

Redaccion de El Diario © 233grados.lainformacion.com

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.