Unha parella de anciáns de Ferrol poden ser expulsados da súa casa por teren avalado a súa filla

Bloques de vivendas en Ferrol CC-BY-NC-ND Xoán Porto

M.V. e P.P., de 68 e 64 anos de idade, con problemas de saúde e pensións mínimas, poden perder a súa casa a vindeira semana. Hai uns anos unha das súas fillas pediu un crédito hipotecario e eles actuaron como avalistas. Agora a filla non pode facer fronte ao pago da hipoteca e o BBVA quere facerse coa propiedade do piso no que vive a parella de anciáns. Curiosamente a vivenda suxeita á hipoteca non foi embargada.

A Rede de Apoio Mutuo creada en Ferrolterra reuniuse este mércores despois de que as entidades que a compoñen fosen alertadas da situación por membros da comunidade de veciños dun dos edificios do barrio de Caranza, na rúa Alcalde Quintanilla, onde reside a parella. Este venres ás 5 da tarde volverá ter unha asemblea nos locais da asociación Fuco Buxán e para a próxima semana prepara accións legais e de presión pública para deter o embargo. A filla tentou que o banco lle embargase a súa casa no canto da da seus pais, pero a entidade non aceptou a proposta polo de agora.

A filla tentou que o banco lle embargase a súa casa no canto da da seus pais, pero a entidade non aceptou a proposta polo de agora

A policía, que xa se persoou na súa vivenda cando menos nunha ocasión, advertiulles de que se presentará de novo o venres 28 de setembro para executar o desafiuzamento, acompañada dos servizos sociais do Concello. 

Bloques de vivendas en Ferrol CC-BY-NC-ND Xoán Porto

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.