"Coa que está caendo é máis importante ca nunca estar informados"

Primeira portada de Pontevedra Viva © Praza Pública

Pontevedra Viva é un medio de información local e de proximidade, centrado na cidade de Pontevedra e a súa comarca e tamén noutros concellos próximos, tanto so Salnés, da parte norte do Morrazo ou de Caldas. Emprestará especial atención a cultura e deportes, únicas seccións diferenciadas ademais dos marcadores locais da información de cada concello: "cultura e deportes son dúas temáticas de grande importancia na cidade e queriamos darlle un tratamento específico". O xornal publícase con versión en galego e en castelán.

Trátase do proxecto de seis xornalistas que nos últimos tempos sufriron a crise que afecta á profesión. Os seus medios pecharon ou reduciron persoal, e por exemplo dos deles proceden da delegación da TVG na cidade, outros da SER, do Diario de Pontevedra ou de El Mundo. Por iso decidiron crear un medio. Son conscientes da dificultade: "a casualidade quixo que a nosa saída coincidise por desgraza co peche da edición galega de El País" pero engaden que "precisamente por iso hai que intentalo: Coa que está caendo é máis importante ca nunca estar informados".

O xornal é tamén unha aposta pola información dixital, non só polos menores custes de produción, que fan sostible o proxecto, senón tamén polo convencemento nas posibilidades de participación e construción colaborativa da información: "Este é un medio que pretende ser vivo, comunicativo pero, por riba de todo, participativo. Abrimos as canles necesarias para que vós, a esencia deste proxecto, poidades compartir as vosas opinións. Invitámosvos a que nos orientedes para conseguir que PontevedraViva sexa un medio de todos e para todos".

No seu primeiro dia Pontevedra Viva preséntase cunha entrevista a Diego Murillo e colaboracións de José Luís Sucasas, Carlos Martínez, Pepe Domingo Castaño, Irene Lourido ou Teresa Casal.

Equipo de xornalistas de Pontevedra Viva © Praza Pública
Primeira portada de Pontevedra Viva © Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.