Peches en varios edificios públicos de Galicia para denunciar os recortes

Peche no Concello de Santiago Dominio Público @onosolar

Varios membros da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos –da que forman parte máis de vinte organizacións sindicais do sector público- pecháronse desde primeiras horas da mañá deste mércores nas áreas sanitarias e nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en todo o país. A acción central estase a desenvolver no Concello de Santiago de Compostela, cun peche na súa sede, para "denunciar o ataque aos servizos públicos" que, denuncian, "forma parte dunha estratexia do PP para desmantelalos e privatizalos".

Denuncian "o ataque aos servizos públicos", que "forma parte dunha estratexia do PP para desmantelalos e privatizalos"

Cos peches, que teñen lugar en varias sedes agás no complexo administrativo de San Caetano, os sindicatos denuncian tamén "os novos recortes económicos e sociais que recolle o proxecto de orzamentos xerais do Estado para o ano 2013". Representantes sindicais explican durante esta mañá "as accións previstas ou que se están a desenvolver nesta xornada" e aclararán tamén "a situación á que se aboca aos servizos públicos e as súas empregadas e empregados por mor dos recortes previstos nos Presupostos". 

A tensión estivo en Santiago, cando a Policía Local impediu o paso ás dependencias municipais a máis de 25 integrantes da plataforma. Pouco despois, as autoridades tamén lles impediron acceder a unha sala para dirixirse aos medios. Finalmente, membros da Plataforma compareceron ante os xornalistas no corredor do edificio administrativo.

No exterior, mentres, os convocados berraban consignas contra o Goberno do PP ("Hai que recortar o Partido Popular" ou "Isto nos pasa por un goberno facha"), ao tempo que se despregaba unha pancarta co lema En defensa dos servizos públicos. Non ao recorte dos nosos dereitos".

"O alcalde quere dicirnos quen ten que dar a rolda de prensa", queixáronse os congregados, que chegaron a cualificar de "fascista" ao rexedor compostelán, ao que acusaron de "atacar a liberdade sindical". Membros da CIG e da UGT anunciaron que presentarían unha denuncia na comisaría par alogo anunciar a convocatoria dunha manifestación de todos os empregados públicos de Galicia nas sete cidades o vindeiro día 15 ás 19 horas, en plena campaña electoral. 

Ademais, e segundo o anuunciado, os peches pretenden ter unha duración de 24 horas e manteranse nos edificios administrativos da Xunta e en varios centros sanitarios, agás en Ourense, onde se elixiu a seda da subdelegaicón do Goberno. A idea da plataforma é rematar os encerros o xoves ás 9 da mañá.

HABERÁ AMPLIACIÓN

A policía local de Santiago intenta impedir a rolda de prensa dos sindicatos Dominio Público @onosolar
Peche no edificio administrativo da Xunta na Coruña Dominio Público CIG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.