O vigués a quen o CHUVI lle negou a documentación en galego segue en lista de espera 15 meses despois

Carta enviada polo afectado Dominio Público Praza Pública

Jesús Manuel da Torre Martins continúa coa carreira de obstáculos que iniciou hai uns 15 meses para operarse no Sergas. O 19 de xullo de 2011 inscribiuse nas listas de espera. Dende entón sufriu discriminación lingüistica en varias ocasións e só despois de denunciar a situación en público e en privado conseguiu ver recoñecido o seu dereito a contar con documentación en galego. Porén, segue sen ser operado e denuncia que "non tenho futuro laboral na Galiza" e que "poderia atopar trabalho noutro pais, porem isto agora mesmo não é possivel por eu figurar no Registo de Pacientes en espera do Sergas".

O pasado 13 de marzo denunciou a través da Mesa a negativa tanto do Hospital de Fátima coma do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) a facilitarlle ningunha documentación na lingua propia de Galicia e que mesmo o chegaran a ameazar con non operalo se non asinaba o consentimento informado en castelán. Dias máis tarde viu por fin recoñecido o seu dereito a asinar o consentimento informado na súa lingua.

Superado xa o preoperatorio, o 6 de setembro requeriu verbalmente ser operado, sexa nun centro concerto sexa no CHUVI, pero ainda non conseguiu. Adxuntamos a carta que nos vén de remitir denunciando a súa situación.

Carta enviada polo afectado Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.