Denuncian que o PP segue 'ocupando' ilegalmente o Clube Náutico de Camariñas

Camariñas Dominio Público Praza Pública

O pasado mes de decembro a asamblea de socios do Clube Náutico de Camariñas acordou, por 54 votos contra 33, finalizar o contrato da concesionaria do bar da entidad, filla de Daniel Rego, voceiro dos populares no Concello. Pero estes néganse dende entón a abandonar o espazo a pesar de que a xunta directiva da institución comunicaoulle por todas as vias posibles, mesmo a través de varios burofax e requerimentos notariais, a necesidade de que deixasen libres as instalacións. Daniel Rego mesmo xustifica a situación e acusa á xunta directiva legalmente elixida de ser "os verdadeiros ocupas". 

Ao concurso para a xestión do bar presentáranse catro ofertas e a dun hosteleiro local resultou ser a gañadora. Porén, dende entón ainda non se puido facer cargo das instalacións, polo que na práctica o bar do Clube Náutico de Camariñas continúa en funcionamento pero non depende do propio clube. 

Os criticos con Rego ligan a situación tamén á propia convocatoria electoral pois afirman que o seu futuro no organigrama do PP dependerá da vitoria ou non de Feijoo e dos resultados que os populares obteñan no concello. O partido polo de agora mantivos á marxe desta situación, pero en privado tentou mediar para reconducir o asunto.

Camariñas Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.