Teo crea un banco de alimentos frescos doados por empresas e veciños

Imaxe dun mercado labrego organizado polo SLG en Compostela en 2011 © SLG

O Concello de Teo vén de crear un banco de alimentos frescos que se construirá a través das doazóns de empresas e veciños. O proxecto estará xestionado por un grupo de voluntarios que comezarán pedindo produtos perecedoiros ás distribuidoras instaladas no termo municipal para pasar nunha segunda fase a solicitar casa por casa os froitos de horta que non se consuman e que até o de agora apodrecen sen darlles uso.

O banco, xestionado polo Concello, está ubicado na Casa Común de Oza. Dende aí se almacenarán e repartirán. O mecanismo de distribución e a selección dos beneficiarios será decidido pola concellaría de Servizos Sociais.

O proxecto estará xestionado por un grupo de voluntarios que comezarán pedindo produtos perecedoiros ás distribuidoras instaladas no termo municipal para pasar nunha segunda fase a solicitalos casa por casa

Dende xuño celébrase na praza dos Tilos un mercado semanal do Alimento Labrego de Teo. O obxectivo principal é a de posibilitar un espazo de venda directa como alternativa de futuro para as produtoras e produtores da zona. Con esta liña de fondo, o mercado nace como un proxecto de acción e sensibilización colectiva, para favorecer o consumo de alimentos locais e de tempada, e para de recuperar a idea do mercado como espazo social e de encontro. O mercado, organizado polo Concello e polo Sindicato Labrego Galego, botou a andar co compromiso dun grupo de labregas e labregos da comarca. Nel pódense atopar espazos diferenciados coma agricultura ecolóxica certificada, alimentos naturais e sostibles ou producións caseiras.

Imaxe dun mercado labrego organizado polo SLG en Compostela en 2011 © SLG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.