Industria non aplicará a sentenza do Supremo contra Reganosa

A planta de Reganosa, a uns centos de metros do núcleo urbano de Mugardos CC-BY-NC-ND Xoán Porto

O Ministerio de Industria anuncia que non adoptará medida ningunha pola sentenza do Tribunal Supremo que anula a modificación do PXOM de Mugardos e, segundo os grupos críticos coa regasificadora, todas as licencias e permisos posteriores. O Goberno central escúdase en que o Concello volveu modificar o PXOM a posteriori.

Para Esquerda Unida, que o pasado 14 de xuño presentou unha pregunta parlamentaria no Congreso sobre o asunto, a resposta do Goberno "pon en evidencia a complicidade e subordinación que o ministerio expresa en relación cos intereses dun grupo empresarial privado que incumpre de xeito flagrante a propia legalidade vixente". Para EU o anuncio do Ministerio de que non adoptará medida ningunha "para velar pola legalidade" representa "unha versión descarnada do deixar facer da economía liberal sobre as vidas da cidadanía de Ferrolterra e sobre a riqueza natural da ría, poboación e ría que restan reducidas a meros elementos económicos de usar e tirar".

Para Esquerda Unida, a resposta do Goberno "pon en evidencia a complicidade e subordinación que o ministerio expresa en relación cos intereses dun grupo empresarial privado que incumpre de xeito flagrante a propia legalidade vixente"

A coalición de esquerdas traballa no Congreso para acadar a apertura dunha comisión de investigación "que permita clarexar e perseguir o complexo de ilegalidades e irregularidades que percorren a instalación e posta en funcionamento da planta de gas de Reganosa".

A planta de Reganosa, a uns centos de metros do núcleo urbano de Mugardos CC-BY-NC-ND Xoán Porto

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.