Denuncian novos vertidos na depuradora coruñesa de Bens

Imaxe dos vertidos ao mar en Bens Dominio Público Praza Pública

Veciños da zona remitennos un vídeo que amosan os vertidos de substancias químicas dende a depuradora de Bens, na Coruña, directamente ao mar, a poucos metros da zona do Portiño.

Non é a primeira vez que se producen vertidos nesta zona e as consecuentes denuncias. Para evitalas, en 2009 construiuse unha canalización que leva as augas fecais a varios centos de metros da costa. Nesta ocasión os vertidos realizáronse directamente na primeira liña de costa. A depuradora de Bens trata a meirande parte das augas fecais da Coruña e a súa comarca.

Imaxe dos vertidos ao mar en Bens Dominio Público Praza Pública
Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.