Centro Galego de Bos Aires: Un novo escenario

Centro Galego de Bos Aires Dominio Público Praza Pública

Xoaquín Montes. É moi probable que por un tempo, ata que non se albisque con certeza o rumbo que tomará a Intervención que encabeza o Dr. Carlos A Blunda, este cronista faga un alto nos seus contactos habituais con aqueles que en Galicia ou en territorio arxentino, evidenciaron a súa sincera preocupación pola sorte do noso entrañable Centro Galego de Bos Aires (CGdeBA).

Pero tal decisión de ningún xeito debe interpretarse como unha forma de silenciar opinións sobre os acontecementos que -nestes días- se desenvolven no ámbito da institución. E como o fixo sempre dará o seu parecer sen reparos, coincidindo ou discrepando, con quen se propón analizar o proceso con boa intención, ou cos que só tratan de «arrimar a ascua á súa sardiña».

Memoria, Verdade e Xustiza?

Notamos amigo lector que tomada a decisión de intervir xudicialmente ao CGdeBA, procedendo simultaneamente ao desprazamento das autoridades elixidas en agosto de 2010 (tema sobre o que non emitiremos xuízo algún ata non desvelar a incógnita exposta ao comezo da nota), un elenco integrado por personaxes de variada procedencia empeñouse en «salvalo».

Ninguén dixo aínda en que consistirá «salvación», posto que ata hoxe o Hospital segue xerando un déficit mensual duns $600.000

Ninguén dixo aínda en que consistirá «salvación», posto que ata hoxe o Hospital segue xerando un déficit mensual duns $600.000 se se toma o cambio oficial de divisa estadounidense, e de $450.000 se o consideramos á cotización marxinal.

Problema que, como pode percibir calquera mortal que sexa capaz de manter o seu equilibrio emocional, non se resolve cunha sobredose de voluntarismo; botando aturuxos; ou asinando manifestos aos que seguramente lles sobrarán posturas demagóxicas ou lles faltará racionalidade. Sobre todo, se proveñen de quen ao tanto da realidade, foron dóciles espectadores mentres se precipitaba o derrube. Aínda que os arribados recentemente á «causa», e nalgúns dos que levan tempo nela, esquecendo as duras alternativas da pendente, coincidan cos primeiros na necesidade de iniciar unha «cruzada», que permita reconquistar o que lles foi «usurpado» polo Estado arxentino.

Nese clima non debe estrañarnos que xentes respectables, quizais imbuídas polas proclamas do alcalde de Móstoles ante o avance das tropas de Napoleón chamen ao conxunto das comunidades peninsulares a defenderse do inimigo que axexa nos «estrados oficiais».

Canto desconcerto adoita propagar a inexperiencia. Con que facilidade -ante o imprevisto- homes e mulleres pouco habituadas á confrontación na vida societaria, perden o rumbo e adoitan condenar alternativas que noutros momentos propiciaron.

E como curioso entremés deste acontecer que oscila entre o drama e a comedia, parece confirmarse que Don José Santiago Camba Bouzas, logra ¡por fin! o seu obxectivo de ocupar unha praza diplomática en Bos Aires, na Consellería de Emprego e Seguridade Social -Nivel CD: 28- cun Complemento Específico de 19.626,88 euros.

Consulta a información completa en Cadernos de Comunicación.

Centro Galego de Bos Aires Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.